Vides con Alma: un programa solidario para achegar o Ribeiro ao corazón

PRESENTACIÓN PROGRAMA SOLIDARIO VIDES CON ALMA

Un programa de eventos y actividades que permitirán que los vinos de O Ribeiro lleguen al paladar pero, sobre todo, al corazón. Este es el objetivo de Vides con Alma, una innovadora iniciativa puesta en marcha por los ayuntamientos de Leiro, Beade, Castrelo do Miño, Ribadavia, Arnoia, Toén, Cortegada, Carballeda de Avia, Boborás y Cenlle y que permitirán visibilizar y ayudar a colectivos sociales ourensanos. El telón de la primera edición tiene a Cenlle como anfitrión y a la asociación de enfermedades raras Anasbabi como beneficiaria. El primer acto del programa será una Gala benéfica el 6 de junio en el Pazo de Toubes.Read More

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE CONCURSO PÚBLICO PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS E OUTRAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE TOÉN PARA O ANO 2025

Aprobadas as bases para o concurso público para a concesión de subvencións a Asociacións de Veciños/as e outras entidades sen ánimo de lucro do Concello de Toén para o ano 2025.

ENTIDADES BENEFICIARIAS:

Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta convocatoria as asociacións e demais entidades sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello de Toén. Para poder optar ás subvencións as entidades deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Toén na data de aprobación destas base polo órgano competente

SOLICITUDES: LUGAR DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN:

As solicitudes, xunto coa documentación adxunta, dirixiranse á Alcaldía, presentándoas obrigatoriamente de forma TELEMÁTICA e conforme aos modelos ou anexos recollidos nestas bases, e realizarase exclusivamente a través da sede electrónica do Concello de Toén en la dirección https://concellodetoen.sedelectronica.es, de acordo co previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Conforme a devandito artigo, todos os trámites relativos a este procedemento realizaranse por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Toén.

Os modelos oficiais serán publicados na sede electrónica municipal https://concellodetoen.sedelectronica.es .

PRAZO DE SOLICITUDE: DENDE O 9 DE MAIO O 9 DE XUÑO DE 2025

 

BASES REGULADORAS (PDF)

OBRIGA DE XESTIÓN DE BIOMASA PARA PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia dispón que nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa será obrigatorio para as persoas responsables xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento, nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira, como o eucalipto ou varias variedades de piñeiro, entre outras. Estes requisitos deberán cumprirse antes de que remate o mes de maio de cada ano.

En virtude do que antecede, comunícaselles ás persoas responsables que dispoñen ATA O DÍA 31 DE MAIO para o cumprimento voluntario da súa obriga para xestionar a biomasa nas parcelas afectadas polas redes secundarias de faixas.

En caso de incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello poderá proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración.

Así mesmo, en caso de incumprimento, o Concello poderá iniciar tamén o correspondente procedemento sancionador.

As faixas secundarias poderán consultarse no VISOR DE FAIXAS facilitado pola Xunta de Galicia na seguinte ruta: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

Para máis información pode contactar co Concello por teléfono no 988261074 ou por correo electrónico no enderezo concello.toen@eidolocal.es.

COBRANZA DO IMPOSTO DE VEHICULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA 2025

O prazo para cobro en voluntaria dos recibos de IVTM estará aberto dende o 1 de abril ao 2 de xuño de 2025.

Os contribuíntes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos-resgardo de pagamento, que deberán aboar en calquera oficina de Abanca, Banco Pastor, Banco Popular, B.B.V.A, Banco Santander, Banco Sabadell/Gallego, Caixabank (entidades colaboradoras), ou encalquera oficina da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.

Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio os referidos impresos, poderá solicitar duplicado nas oficinas de recadación da Excma. Deputación, e advírtese de que o feito de non recibi-los impresos non exime da obrigación de efectua-lo pagamento no prazo mencionado sempre que figure como contribuínte nas listas cobratorias.

Aprobadas as bases de selección para cubrir 2 peóns de servizos varios

Aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.

  • Número e denominación do posto: 2 peóns de servizos varios.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa.
  • Duración do contrato: 6 meses.
  • Sistema de selección: concurso-oposición.
  • Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal ( https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Aprobadas as bases de selección para cubrir 5 peóns forestais

Aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.

  • Número e denominación do posto: 5 peóns forestais.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa.
  • Duración do contrato: 5 meses.
  • Sistema de selección: concurso-oposición.
  • Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal ( https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Aprobadas as bases de selección para a ampliación da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais para o posto de auxiliar de SAF

Aprobadas as bases de selección para a ampliación da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais para o posto de auxiliar de SAF durante os anos 2024 e 2025, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.

  • Denominación do posto: auxiliar de axuda no fogar.
  • Vixencia da bolsa de emprego: ata o día 31/12/2025.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada, por circunstancias da produción ou por substitución da persoa traballadora.
  • Duración do contrato e xornada: as que correspondan segundo as necesidades concretas da situación que se pretenda cubrir.
  • Sistema de selección: concurso de méritos.
  • Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal ( https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

8 M 2025

Esta é unha mensaxe do Concello de Toén dirixida a toda a sociedade para conmemorar a importancia do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

 

NOVA TAXA PROVINCIAL POLA RECOLLIDA DE LIXO

A Deputación Provincial de Ourense aprobou a Ordenanza fiscal reguladora da taxa provincial pola prestación do servizo intermunicipal delegado de recollida, transporte e tratamento dereiduos de competencia local, fixando as seguintes cuotas por vivenda:

* Os puntos limpos máis pretos serían:

  1. San Cibrao:  Rúa 4, 13, 32901 Polígono San Cibrao, Ourense https://g.co/kgs/cTbyHzS
  2. O Carballiño: https://g.co/kgs/gtf4BwX

Os veciños de Toén poderán SOLICITAR a redución de ditas taxas de xeito presencial no Concello de Toén ou na Deputación de Ourense, cubrindo unha declaración Responsable, ou ben a través da sede electrónica da deputación. O modelo está disponible nas oficinas deste concello ou na páxina web da Deputación de Ourense, sede electrónica, todos os trámites, páxina 3, “solicitude de aplicación da taxa provincial reducida pola prestación do servizo intermunicipal delegado de recollida de residuos de competencia local”(https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=CATALOGO&DETALLE=6269001049221421907610)

PRAZO: Ata o 28/02/2025 (para que se poida aplicar o desconto no recibo deste ano). As Solicitudes que se realicen dende o 1 de marzo ata o 31 de decembro aplicaraselle o desconto no 2026.

 

A Deputación de Ourense realizará unha inspección das declaracións presentadas. O incumprimento ou a falsificación de datos implicará o pago da tarifa sen reducións, ademáis de posibles sancións.

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google