Entroido de Mugares

Entroido de Mugares

O Entroido en Mugares xa é unha tradición.  Non se sabe con exactitude dende cando se empezou a celebrar pero despois de falar cos máis maiores do pobo sábese con certeza que conta con moito mais de un século de tradición.

O día de celebración sempre é o martes de Entroido.

Conta cas figuras típicas de labardeiros e señoritas así como con bonecos que son o mazaruco e a mazaruca ademáis de os outros disfrazados que queiran participar.

Dende que se empezou a sua recuperación cada vez e máis coñecido por toda a contorna, aparecendo na maioria das guias de Entroido, medrando cada ano. 

Considerado a día de hoxe de Interese Turístico Provincial. Están unha mostra dos traxes no Museo do Entroido de Xinzo.

¿Cómo SE CELEBRABA?

Cada martes de Entroido sobre as tres da tarde (comenzando tan cedo para aproveitar as poucas horas de sol) facíase o desfile polas ruas do pobo. Os máis lonxevos recordan o ruído das labardas contra o chan e de como as bodegas se abrían para facer invitación aos disfrazados e botar un baile. 

Adoitaban ir tirando formigas ou fariña para ensuciar, a día  a de hoxe eso xa non se fai.

Despois do desfile todos os veciños se reunían na “Praza do Eiró” para facer as comedias. Rematando con un gran baile xa que a música non podía faltar.

Para o adorno dos seus traxes empregaban papel de seda, facían cadeas de boliñas das hedras, tamen levaban bugallos dos carballos.

Os labardeiros tamen incorporaban na sua camisa as tarxetas postais que lles enviaban as mozas cando estaban no servizo militar.

Para o engalonamento do carro de bois para levar o mazaruco ou a mazaruca empregábanse flores de temporada tales como a das acacias, xestas…

¿QUEN O ORGANIZABA ANTIGAMENTE?

Os mozos e mozas do pobo eran os encargados de poñer os cartos para a celebración. Contan que os mozos como eran os que traballaban fora e adoitaban ter un soldo polo que poñían duas pesetas e as mozas que o seu traballo era nas labores da casa aportaban unha peseta cada unha.

Para poñer todo a punto era un traballo moi laborioso. Contaban con moitos menos medios. Os traxes facianse a man con teas de sabas. Logo había que coserlle as flores e adornos.

Meses antes empezaban a preparar as comedias, e os días previos facían a recolección das flores e follas.

Despois do día de festa había que descoser de novo as flores feitas con papel de seda ou con outras flores naturais para lavalos e gardar todo para o ano seguinte

O resto dos enmascarados levaban roupas vellas.

RECUPERACION

Tras unhos anos sen celebrarse por diversos motivos a Asociación de Mulleres Rurais Amencer de Mugares en colaboración co Concello de Toén volven a festexar o Entroido a finais dos anos noventa. 

 No ano 2002 comenzan a elaborarse os traxes de labardeiros e señoritas, saíndo de novo as rúas no Entroido do 2003. 

No 2018 recupérase o mazaruco e a mazaruca.

Toda ista recuperación e grazas o traballo dos veciños pero sobretodo os membros da asociación que cada ano van elaborando novos traxes e renovando os existentes para que esten sempre a punto, ademáis de coidar todo detalle para o día da festa.

FIGURAS TIPICAS DO ENTROIDO

LABARDEIROS: Levan unha camisa e calzón branco ata o xeonllo. Toda a sua vestimenta esta adornada con flores de moitas cores. Compleméntanse con unhas medias e botas. Na cintura unha faixa de cor, cun cinto con campás que van facendo sonar ao seu paso polo pobo. Na cabeza un gorro de forma cónica engalanado con moitas flores de vistosos cores. A cara vai tapada con unha rede. Na man levan unha labarda ou mallo.

Antigamente  os labardeiros eran os quintos de ese ano.

SEÑORITAS: a súa vestimenta componse de unha saia longa branca e unha camiseta da mesma cor. Por toda a saia cósense flores cores vistosos. Enriba da camisa levan un pano ben colorido e moitos colares. Zapatos de tacón e un sombreiro na cabeza. Na man unha cesta con papeliños de cores, pétalos de flores ou caremelos para ir repartindo durante o desfile.

As encargadas de vestirse de señoritas son as mozas casadeiras do pobo.

MAZARUCO E MAZARUCA: Son dous bonecos. O mazaruco ia con un traxe de militar e a mazaruca moi elegante levaba o traxe da última moza que se casara ise ano. Para o desfile engalonábase un carro tirado por bois ou iban montados nun burro. A mazaruca saía do fondo do pobo do Moreiro e o Mazaruco da parte de arriba de Mugares. Ambos facían o desfile polas ruas acompañados dos labardeiros, señoritas e outros disfrazados ata chegar a un punto intermedio chamado “O Nogueiro”. Tras facer a xuntanza seguían o percorrido todos xuntos ata a “Praza” que esta no medio do pobo para ter lugar as comedias nun escenario que preparaban para a ocasión e o baile.

A LABARDA

Instrumento típico parecido ó que se empregaba antigamente para mallar o trigo. É de madeira e está composto de duas pezas, unha longa e outra máis curta forrada con tea de saco para non mancar. As duas partes están unidas por unha correa de  modo que se agarra pola parte máis longa e se golpea ca outra.

AS COMEDIAS

As comedias non podían faltar ningún ano.  Normalmente o encargado de facelas era D. José Rebollo Del Rio, veciño do Moreiro.  Acompañado por outros veciños organizaban como unha pequeña obra de teatro ou espectáculo no que trataban os “cotilleos ou chismes” do pobo, sempre con bo sentido do humor.

Para ese día preparaban un escenario. As risas non faltaban.

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google