CAMPAMENTO DE VERÁN 2022 DO CONCELLO DE TOÉN

 

Dende mañá abrimos plazo de inscripción para o campamento de verán.

 

NOVEDADE IMPORTANTE‼️: Atendendo ás suxerencias de moitas familias, e co fin de dar máis opcións e facilitar a conciliación familiar, ampliamos unha quincena máis a oferta, quedando do seguinte xeito:

 

OPCIÓN 1: Primeira quincena de xullo. Número de plazas: 30

 

OPCIÓN 2: Segunda quincena de xullo. Número de plazas: 30

 

OPCIÓN 3: Primeira quincena de agosto. Número de plazas: 30

 

Ainda que os costes suben para todos no día a día mantemos o prezo para os nenos e nenas do Concello de Toén

 

 

Toén a bocados

Outro ano máis poderemos saborear os pinchos que os nosos hosteleiros prepararán os vindeiros 3, 4, 10 e 11 de Xuño de 19:00h ata 22:30h.

Haberá premios para os participantes.

OBRAS NA CUBERTA DA IGREXA DE SAN PEDRO DE MOREIRAS

Hoxe o Delegado Provincial da Xunta de Galicia Gabriel Alen Castro e á Xefa Territorial da Consellería de Educación, Cultura e Universidade Judith Fernandez fixeron unha visita ás obras na cuberta da Igrexa Parroquial de San Pedro de Moreiras.

Unha actuación que vai solucionar o problema de humidades e o deterioro do templo por este motivo, e que engadida á obra executada no 2020 suman máis de 215.000€ para protexer e manter unha das xoias do patrimonio de Toén.

Programa de Coidados Porta a Porta En Toén

A Consellería de Politica Social e o Concello de Toén ofrecemos un servicio asistencial ás persoas maiores de 55 anos sin que teñan que desplazarse fora do concello.

● Podoloxía
● Estimulación da memoria
● Audioloxía

▪︎ 25, 26 e 27 de abril haberá unha unidade móvil con persoal especializado á súa disposición.

▪︎ horario: de 09.00h a 20.00h

▪︎ lugar: en Toén, no sobreancho da estrada, debaixo do campo da festa.

▪︎ cita previa: chamando ao 622 748 283 ou enviando correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

 

Xornada de portas abertas no CILL

 

O conselleiro do Medio Rural participou na xornada de portas abertas nestas instalacións

A XUNTA ENXALZA OS AVANCES NO CENTRO INTEGRAL PARA A LOITA CONTRA O LUME DO MUNICIPIO OURENSÁN DE TOÉN

― José González salientou que xa están practicamente operativos o circuíto de adestramento de bombeiros forestais e a pista para as prácticas de condución de vehículos 4×4 e motobombas

― Seguirase coas actuacións tanto nas edificacións do recinto e na súa contorna como na mellora do equipamento e na dotación dos servizos de prevención de incendios

― Destacou que neste centro tamén se instalará unha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia e para concienciar á sociedade sobre o traballo dos profesionais antiincendios como defensores do monte

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2022.- O conselleiro do Medio Rural, José González, participou hoxe na xornada de portas abertas aos veciños das parroquias de Moreiras e Trelle celebrada no Centro integral para a loita contra o lume que a Xunta está desenvolvendo no municipio ourensán de Toén, nas instalación do antigo hospital psiquiátrico desta localidade.

O conselleiro, que estivo acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e polo delegado territorial de Xunta en Ourense, Gabriel Alén, puido constatar os avances rexistrados na posta en marcha desta infraestrutura. Así, José González salientou que xa están practicamente operativos o circuíto de adestramento de bombeiros forestais e a pista para as prácticas de condución de vehículos 4×4 e motobombas. En ambos casos executáronse xa as rozas necesarias, así como o movemento de terras e unicamente está pendente a instalación dos os obstáculos e o acondicionado final.

Ao tempo, o conselleiro sinalou que nas edificacións destinadas a formación, que constituirán un auténtico Campus forestal, xa se ten realizada a análise estrutural de aproximadamente o 70% destas instalacións, estando tamén moi avanzados os traballos para proceder ao peche do perímetro do centro.

Traballo do persoal

Nesta visita, José González amosou a súa satisfacción pola boa marcha dos traballos que -indicou- por un lado serven para poñer en valor o traballo do persoal que loita contra o lume en Galicia e por outra parte permiten recuperar unhas instalacións en desuso para o beneficio xeral da sociedade galega.

Neste mesmo sentido, o conselleiro valorou o investimento previsto para este ano, que rolda os catro millóns de euros, e que van permitir a actuación tanto nas edificacións do recinto e na súa contorna como a mellora do equipamento e a dotación dos servizos de prevención de incendios.

Ademais, González destacou que neste centro tamén se instalará unha aula medioambiental para formar estudantes de toda Galicia e para concienciar á sociedade sobre o traballo dos profesionais antiincendios como defensores do monte e, por extensión, da seguridade das persoas e dos seus bens. Salientou, así mesmo, a ordenación, que se vai levar a cabo, de toda a contorna do centro, para convertela nun modelo de multifuncionalidade e biodiversidade forestal. A maiores, contémplase a construción e adecuación dunha rede mellorada e eficiente de puntos de encontro, tanto nas instalacións do persoal, almacéns do material de prevención e extinción coma no que ten que ver coa construción de garaxes para os vehículos.

Compromiso co Servizo

O conselleiro reiterou neste acto o “firme compromiso” da Xunta co Servizo de prevención de incendios forestais de Galicia, unha aposta -trasladou- por un servizo público, profesional e versátil, que se plasma en diferentes medidas. Entre elas citou a ampliación do tempo de traballo do persoal fixo descontinuo, pasando progresivamente dende os tres ata os seis meses ou as melloras permanentes na dotación de equipamentos e medios do Servizo. Nesta liña puxo como exemplo a recente entrega de roupa e botas a preto de 560 profesionais, cun investimento de 1,2 millóns de euros, xunto á renovación do 60% do parque de motobombas e a próxima entrega de 15 novos todoterreos a axentes ambientais.

Outra actuación posta en valor por José González foi a relativa ao Plan de formación do persoal, centrada especialmente na dedicada a mellorar a súa seguridade. Nesta liña, lembrou ademais que a Consellería conta coas achegas dos profesionais do Servizo no proceso de elaboración da futura Lei de loita integral contra os incendios forestais, na que se está traballando, unha norma que -sinalou- “será froito do consenso cos expertos”.

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería do Medio Rural.

 

https://we.tl/t-jmS1Uf8XDY?src=dnl nesta ligazón atoparás un video máis  completo.

Novo vehículo de Protección Civil

Eladio Canal Fernandez (primeiro teniente alcalde) e os membros de Protección Civil de Toén Amadeo Pérez e Castor Estévez asistiron ao acto de entrega na Praza do Obradoiro, dun novo vehículo de emerxencias para a nosa Agrupación de Protección Civil.

Un coche tipo pick up que se adapta perfectamente ás necesidades dos operativos da nosa Agrupación.

Unha boa ocasión para agradecer a Protección Civil de Toén a súa permanente e desinteresada dispoñibilidade para actuar nas emerxencias que ocorren no noso Concello e noutros concellos próximos: lumes forestais, caidas de árbores, emerxencias en vivendas, operativos de eventos, reparto de alimentos, búsqueda de persoas, etc.

Grazas Marisa Barbosa, Amadeo Perez, Castor Estevez, Jose Estevez, Benigno Estevez, Yabel Fernández, Ana Santana

Bono Cultural Xoven

O Bono Cultural Xoven é una axuda que tenrá un importe de 400 euros e se podrá utilizar para asistir a espectáculos, compra de productos culturales físicos e tamén de consumo dixital ou en línea. Todos os xóvenes que soliciten este bono, terán 365 días desde a súa activación para consumir este saldo.

Os requisitos para poder solicitar o bono, son moi sinxelos e esto fai que o proxecto sexa moi atractivo para cumplir o seu obxetivo en España, que é reactivar o sector cultural, deixando atrás o impacto negativo causado pola COVID-19. A continuación, detallamolos:

 

● Cumplir a maioría de idade (18 años) no ano que se solicite a axuda. 

Ter a nacionalidade española ou a residencia legal en España

A aprobación deste novo bono está prevista para as últimas semanas de ffebriero e a sua implementación para xunio do ano 2022.

Para máis información sobre esta axuda:

https://www.companias-de-luz.com/noticias/bono-cultural-joven-2022/

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google