PISCINAS MUNICIPAIS 2024
Informase os veciños e veciñas do Concello de Toén que, a data de apertura das piscinas municipais será o venres día 28 de xuño de 2024, en horario de 14.00h a 21.30h, e pecharán o 1 de setembro de 2024.
PARA O ACCESO AO RECINTO PODERANSE ADQUIRIR AS ENTRADAS NA PORTADAS INSTALACIÓNS. A ENTRADA DOS NENOS MENORES DE 4 ANOS É GRATUÍTA.
ABONOS DE TEMPADA (EMPADROADOS NO CONCELLO):
- SERÁ OBRIGATORIA A SÚA SOLICITUDE ANTES DO DÍA DE APERTURA.
- PARA O ACCESO AS PISCINAS OS ABOADOS DEBERÁN
IDENTIFICARSE MEDIANTE DNI (Non se entregará carné físico).
-
- Deberase presentar a correspondente solicitude xunto co impreso de liquidación e oxustificante de pagamento da taxa nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica https://concellodetoen.sedelectronica.es.
- Os impresos deberán estar cubertos en todos os seus campos e deberase efectuar o pagamento da taxa regulada na ordenanza fiscal publicada no BOP núm. 113 do 24.05.2011 (modificación BOP núm. 165 do 19.07.2013), na conta do Concello de Toén que se detalla no modelo de solicitude.
- Os modelos de solicitude e liquidación estarán dispoñibles na páxina web municipal www.toen.gal
Infórmase os empadroados e empadroadas noConcello de Toén que, non hai limite para asolicitude dos abonos por tempada.
Para o acceso as piscinas os aboados deberán identificarse mediante DNI. Non se entregará carné físico.
AS TARIFAS DOS BONOS SON AS SEGUINTES:
ABONOS POR TEMPADA
PARA AS PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE TOÉN:
FAMILIAR (pais e fillos menores de 15 anos) 18 €
ADULTOS (maiores de 15 anos) 10 €
MENORES (de 4 a 14 anos incluído) 3 €
VISITANTES (non empadroados no Concello de Toén):
Os bonos estarán dispoñibles na taquilla das piscinas municipais.
BONO 15 DÍAS 15 €
BONO 7 DÍAS 8 €
Documentos
Primeira convivencia de familias xóvenes do Concello de Toén
Convidámosvos a pasar un día diferente e moi especial para os nenos e nenas do Concello.
Será na fermosa carballeira municipal en Puga, ao carón do Miño. Un lugar inmellorable! Read More
CHARLA INFORMATIVA: FLAVESCENCIA DOURADA DA VIDE
CHARLA INFORMATIVA FLAVESCENCIA DOURADA DA VIDE
A flavescencia dourada é unha grave praga da vide que está afectando a plantacións dentro da DO Ribeiro. Toén non é endémico neste momento, sen embargo a Consellería de Medio Rural e o Concello de Toén organizan esta charla informativa para que podan identificar e protexer as súas videsRead More
Talleres de Risoterapia
Os talleres de risoterapia son dinámicas divertidas onde traballaremos a expresión corporal e fomentaremos un estilo de vida positivo mediante a risa e todos os seus beneficios. Para homes e mulleres de todas as idades.
✅ Gratuito para que poidamos probar sen compromiso si nos gusta e queremos manter estas clases.
✅ Actividade exclusiva para persoas empadroadas no concello.
✅ Obrigatorio inscribirse chamando ao concello. As clases celebraranse en cada sitio sempre q haxa un mínimo de 10 persoas inscritasRead More
O Centro de Saúde de Toén seguirá dispoñendo de dous médicos
Nos últimos días estamos a recibir consultas sobre a situación dos médicos no Centro de Saúde, por este motivo informo para o coñecemento de veciños e veciñas:
Dende os primeiros días de febreiro o Centro de Saúde de Toén conta provisionalmente cun só médico.
Actualmente o SERGAS está rematando un concurso de traslados de médicos. Por este motivo o doutor que estivo últimamente marchou, para tomar posesión da súa praza.Read More
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARROZAS E COMPARSAS DE ENTROIDO DO CONCELLO DE TOÉN
1. OBXECTO
O obxecto das presentes bases é regular o réxime de concesión de premios para o Concurso de carrozas e comparsas de Entroido do Concello de Toén, que terá lugar nun desfile que se celebrará o sábado 17 de febreiro de 2024 no pobo de Mugares.
A hora e lugar exacto de comezo do desfile será comunicado oportunamente ás persoas participantes, así coma a súa orde de participación.Read More
O Concello de Toén únese á celebración do 25N
Estimados veciños e veciñas,
O Concello de Toén únese á celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. O Concello de Toén rexeita calquera conducta violenta contra a muller así como a pasividade ou indiferencia ante tales actos.
Con tal fin, o venres 24 de novembro ás 11.30h terá lugar a lectura pública da Declaración da Corporación do Concello de Toén no Salón de Plenos do Concello para a Eliminación da Violencia Contra a Muller.
Todos os veciños e veciñas están convidados a participar deste acto.
DÍA 24 DE NOVEMBRO
HORA: 11:30h
LUGAR: SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE TOÉNRead More
CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE TOÉN PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2023
Ao abeiro do convenio indicado o Concello de Toén iniciou as labores de prevención de incendios forestais para o ano 2023 mediante a realización de tratamentos preventivos mecanizados e de xeito manual, realizando tamén labores de investigación do estado das parcelas no concello.Read More
INSPECCION DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS DO CONCELLO DE TOEN
LUGAR: Explanada da nave municipal sita en Ribadela nº 45- Toén.
DATA: 30/10/2023 HORA: 9:00 a 13:30 e 15:15 a 18:00
DATA: 31/10/2023 HORA: 9:00 a 13:30Read More
