Nova actividade gratuíta de Taichi en Moreiras
O Concello de Toén pon en marcha unha nova actividade gratuíta de Taichi, dirixida a todas aquelas persoas que desexen mellorar o seu benestar físico e mental a través desta disciplina milenaria.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa de Fomento do Deporte e ofrece unha oportunidade para practicar exercicio suave, mellorar o equilibrio, a coordinación e a concentración, ademais de contribuír á redución do estrés e ao mantemento dunha vida activa e saudable.
Información da actividade
- Inicio: 1 de xullo
- Horario: de 10:00 a 11:00 horas
- Lugar: Parque Municipal de Moreiras (ao carón da praza)
- Actividade gratuíta
Inscricións
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono:
988 261 074
“Mente tranquila, corpo forte, vida plena”
O Concello de Toén anima á veciñanza a participar nesta actividade saudable e accesible para todas as idades.
Organiza: Concello de Toén, coa colaboración da Deputación de Ourense.

Información sobre as parroquias priorizadas para a xestión da biomasa forestal
O Concello de Toén informa á veciñanza de que, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA para o período 2026-2029 en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, foron seleccionadas varias parroquias do municipio como parroquias priorizadas para a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.
Parroquias incluídas
- Toén (Santa María)
- Moreiras (San Pedro)
- Xestosa (Santa María)
Nestas parroquias, a Administración autonómica realizará a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias co obxectivo de mellorar a prevención e defensa fronte aos incendios forestais.
Participación voluntaria
O acceso a este servizo será voluntario para as persoas responsables dos terreos afectados e efectuarase a través do Concello, mediante a formalización do correspondente contrato de xestión da biomasa segundo o modelo establecido no convenio.
Custe do servizo
A tarifa establecida para as persoas que formalicen o contrato será de 420 euros por hectárea e anualidade durante o período 2026-2029.
Como exemplo, o custo dunha actuación nunha parcela de 1.000 metros cadrados sería de 42 euros anuais.
O contrato terá unha validez dun ano, podendo solicitarse a súa renovación anualmente ata o ano 2029.
Consulta das faixas secundarias
As persoas interesadas poden consultar as faixas secundarias das parroquias priorizadas a través do Visor de Faixas da Xunta de Galicia:
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais do Concello de Toén.
Concello de Toén
Apertura das Piscinas Municipais de Toén – Verán 2026
O Concello de Toén informa á veciñanza da apertura ao público das instalacións das Piscinas Municipais de Toén para a tempada de verán 2026.
A apertura está prevista para o venres 26 de xuño, en horario de 14:30 a 21:30 horas.
Entradas
As entradas poderán adquirirse a través da plataforma de reservas online ou directamente nas instalacións do bar da piscina para o mesmo día.
A entrada para menores de 4 anos é gratuíta.
Abonos de tempada para persoas empadroadas
As persoas empadroadas no Concello de Toén deberán solicitar o seu abono antes da apertura das piscinas a través da plataforma de reservas.
A validación dos abonos e entradas para persoas empadroadas realizarase nas 24-48 horas hábiles seguintes á solicitude.
Tarifas de abonos de tempada
- Abono familiar (pais e fillos menores de 15 anos): 18 €
- Abono adulto (maiores de 15 anos): 10 €
- Abono infantil (de 4 a 14 anos): 3 €
Entradas individuais para empadroados
- Adultos (+14 anos): 1 €
- Infantil (4 a 14 anos): 0,50 €
Para beneficiarse destas tarifas reducidas é necesario solicitar previamente a entrada a través da aplicación para que poida verificarse o empadroamento.
Tarifas para visitantes (non empadroados)
Bonos
- Bono 15 días: 15 €
- Bono 7 días: 8 €
Entradas individuais
- Adultos (+14 anos): 2 €
- Infantil (4 a 14 anos): 1 €
O Concello de Toén deséxalles a todos os usuarios unha excelente tempada de baño e convida á veciñanza e visitantes a desfrutar destas instalacións municipais.
Concello de Toén
Visita do CIM Móbil
O CIM Móbil visita Toén o 16 de abril
O Concello de Toén informa da visita do CIM Móbil (Centro de Información ás Mulleres), un servizo de atención, asesoría e acompañamento que estará no municipio o vindeiro xoves 16 de abril de 2026.
O punto de atención estará situado na Praza do Concello, en horario de 11:00 a 14:00 horas.Read More
Selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal
Convocatoria para a contratación de 2 peóns de servizos varios
O Concello de Toén informa da apertura do proceso selectivo para a contratación de 2 peóns de servizos varios como persoal laboral temporal.
Esta convocatoria publícase para xeral coñecemento e co obxectivo de facilitar a participación das persoas interesadas no proceso de selección.
Características dos postos
- Número de postos: 2
- Categoría: Peóns de servizos varios
- Tipo de contrato: Laboral temporal por circunstancias da produción
- Xornada: Completa
- Duración: 6 meses
- Sistema de selección: Concurso
Bases da convocatoria
As bases completas poden consultarse:
- Nas oficinas municipais
- Na sede electrónica do Concello: concellodetoen.sedelectronica.es
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As solicitudes poderán presentarse a través das seguintes vías:
- Rexistro electrónico do Concello de Toén: acceder á sede electrónica
- Oficina de asistencia en materia de rexistros:
Rúa Ribadela, 1 · 32930 Toén
Horario: 8:30 h – 14:30 h - Por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro
Para máis información, recoméndase consultar as bases completas da convocatoria.
CORTES E MICROCORTES DE SUBMINISTRO ELÉCTRICO
Cortes e microcortes de subministro eléctrico en Toén
O Concello de Toén informa sobre a situación dos cortes e microcortes de subministro eléctrico que están a afectar ao municipio, especialmente en zonas dependentes da liña de media tensión Castrelo 806.
Nas últimas semanas, a Alcaldía mantivo reunións cos responsables de UFD e coa Dirección Xeral de Planificación Enerxética para analizar a situación e esixir solucións.
Análise da situación
- A maioría dos cortes prolongados rexistrados en 2025 e 2026 producíronse durante episodios de temporal, sendo causados principalmente pola caída de árbores que afectan á liña eléctrica.
- Moitas destas árbores atópanse en propiedades privadas, pero poden chegar a interferir coa liña.
- Os microcortes prodúcense de forma automática cando o sistema detecta incidencias (como ramas tocando os cables), restablecéndose o subministro unha vez desaparece o risco.
- Ao tratarse dunha liña longa, aumenta a probabilidade de incidencias ao longo do trazado.
Plan de acción acordado con UFD
- Revisión exhaustiva de toda a liña para detectar e corrixir deficiencias.
- Incremento dos puntos de telecontrol para mellorar a localización das avarías e reducir o número de usuarios afectados.
Está prevista a instalación de 11 novos puntos, dos cales 6 xa están operativos. - Adiantar nun ano o plan de tala e poda ao longo da liña, coa previsión de rematar os traballos no verán deste ano.
Información sobre posibles danos
Segundo os técnicos, os microcortes non adoitan provocar avarías en electrodomésticos. Non obstante, no caso de detectar algún dano tras un corte de subministro, recoméndase realizar a reclamación canto antes á empresa subministradora.
UFD está obrigada a atender e responder todas as reclamacións presentadas polos usuarios.
Compromiso institucional
Dende o Concello agradécese a colaboración da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e de UFD, así como as inversións comprometidas para mellorar o subministro eléctrico no municipio.
Este plan permitirá reducir de forma significativa as incidencias, aínda que se lembra que, especialmente en épocas de temporais, poden seguir producíndose cortes puntuais.
Concello de Toén
Información baseada en bando municipal.
OBRADOIRO DE MEMORIA 2026
– DATAS DE INICIO:
- TOÉN- 9 de febreiro de 2026
- MOREIRAS – 13 de febreiro de 2026
– LUGAR DE INSCRICIÓN: Concello de Toén
– DURACIÓN:
- 33 sesións entre febreiro e xuño e entre setembro e decembro en Toén e Moreiras.
- PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o mércores 4 de febreiro
– CUSTO: 20 €
O PAGAMENTO DA TAXA REALIZARASE MEDIANTE INGRESO OU TRANSFERENCIA
NAS CONTAS FACILITADAS NO MODELO DE LIQUIDACIÓN
| HORARIO | |
| TOÉN | Luns de 16:30h a 18:00 h no Local Social |
| MOREIRAS | Venres de 18:00h a 19:30 h na Casa da Cultura |
Alerta por neve
⚠️ Mesmo que non esteamos acostumados á neve, este temporal pode afectar estradas e servizos.
👉 Evita desprazamentos innecesarios.
👉 Queda prohibida calquera actividade no exterior https://www.axega112.gal/gl/content/leva-cadeas-no-teu-vehiculo
👉 Coida das persoas maiores ou dependentes.
👉 Mantente informado polas canles oficiais: AEMET, MeteoGalicia e Concello.
👉 O Concello está preparado e coordinado para actuar se fai falta.
Prudencia e prevención.
Ante calquera emerxencia chame ao 112
_______________________
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 45/71GAL emitido o día 22/01/2026 ás 11:42 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS NIVEL AMARELO que afectará a partir da tarde do día de hoxe ás zonas de LUGO (Montaña), con acumulacións de neve de ata 10 cm en cotas por riba de 400 m, e a OURENSE (Montaña) con acumulacións de ata 10 cm por riba dos 800 m. Este fenómeno, acompañado de ventisca, se extenderá a partir das 00:00 do día 23 as zonas de A CORUÑA (interior) con acumulacións de 2 cm por enriba dos 400 metros, e a LUGO (Centro) e OURENSE (Miño, e Valdeorras) con acumulacións de ata 4 cm por enriba dos 400 metros.
Asemade, se espera para o mediodía do día de hoxe VENTOS de NIVEL AMARELO na provincia de A CORUÑA e provincia de LUGO, OURENSE (Montaña) e provincia de PONTEVEDRA. Para mañá, o VENTO de NIVEL AMARELO se manterá nas zonas de A CORUÑA (Oeste, Noroeste e Suroeste) LUGO (A Mariña) e PONTEVEDRA (Rías Baixas). A partir das 00:00 do día 23, o fenómeno de NEVADAS acadará NIVEL LARANXA nas zonas de LUGO (Sur); OURENSE (Noroeste, Sur); PONTEVEDRA (Interior), con acumulacións de ata 5 cm en cotas por enriba dos 400 metros e ventiscas e OURENSE (Montaña) con acumulacións de ata 20 cm en cotas por enriba dos 400 m.
Doutra banda, a predicción de METEOGALICIA sinala que o fenómeno de nevadas tamén acadará nivel LARANXA para o día de mañá en LUGO (Centro e Montaña) e en OURENSE (Miño e Valdeorras).
Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor.
_______________________
Actividade Bailes Afrolatinos
- DIRIXIDO A: VECIÑOS/AS DO CONCELLO DE TOÉN.
- DURACIÓN: 10 CLASES
- INICIO: 30 DE XANEIRO DE 2026
- LUGAR: ANTIGA ESCOLA DE PUGA
- HORARIO: VENRES DE 22:10H A 23.10H.
- INSCRICIÓN : DENDE O 21 DE XANEIRO O 28 DE XANEIRO AMBOS INCLUÍDOS
OS INTERESADOS DEBERÁN CUBRIR UN FORMULARIO DE INSCRICIÓN E LIQUIDACIÓN DISPOÑIBLES NAS OFICINAS DO CONCELLO E NA SEDE ELECTRÓNICA DA WEB DO CONCELLO (htps://concellodetoen.sedelectronica.es).
CRITERIOS DE PRIORIDADE PARA OBTENCIÓN DE PRAZA NA ACTIVIDADE:
- Terán preferencia os empadroados/as no Concello.
- Terase en conta a orde de presentación das solicitudes por rexistro.
PREZO:
EMPADROADOS/AS NO CONCELLO………………………………30,00€
NON EMPADROADOS/AS NO CONCELLO……………………….60,00€
O pagamento da taxa realizarase mediante transferencia ou ingreso nas contas facilitadas no modelo de liquidación.
