Novas

Convocatoria de subvencións para asociacións e entidades sen ánimo de lucro de Toén

O Concello de Toén informa da publicación da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións de veciños/as e demais entidades sen ánimo de lucro do municipio para o ano 2026.

Estas axudas teñen como finalidade apoiar o desenvolvemento de actividades que contribúan á dinamización social, cultural, deportiva e participativa do Concello.


Quen pode solicitar as axudas?

Poderán presentar solicitude as asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro que:

  • Teñan o seu domicilio social no Concello de Toén.
  • Estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello na data de aprobación das bases da convocatoria.

Actividades subvencionables

As subvencións están destinadas a apoiar programas relacionados con:

  • Actividades socioculturais, deportivas, recreativas ou formativas.
  • Promoción do asociacionismo e da participación cidadá.
  • Fomento do desenvolvemento sustentable e utilización das novas tecnoloxías.
  • Promoción da igualdade entre mulleres e homes e prevención da violencia de xénero.

Contía máxima

Cada entidade poderá recibir unha subvención de ata 700 euros.

Prazo de presentación

O prazo para presentar as solicitudes será de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Bases e información

As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Toén e na Base de Datos Nacional de Subvencións.


O Concello de Toén anima ás asociacións e entidades do municipio a presentar os seus proxectos e aproveitar esta convocatoria de axudas para impulsar iniciativas de interese social, cultural, deportivo e comunitario.

Concello de Toén

Nova actividade gratuíta de Taichi en Moreiras

O Concello de Toén pon en marcha unha nova actividade gratuíta de Taichi, dirixida a todas aquelas persoas que desexen mellorar o seu benestar físico e mental a través desta disciplina milenaria.

Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa de Fomento do Deporte e ofrece unha oportunidade para practicar exercicio suave, mellorar o equilibrio, a coordinación e a concentración, ademais de contribuír á redución do estrés e ao mantemento dunha vida activa e saudable.


Información da actividade

  • Inicio: 1 de xullo
  • Horario: de 10:00 a 11:00 horas
  • Lugar: Parque Municipal de Moreiras (ao carón da praza)
  • Actividade gratuíta

Inscricións

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono:

988 261 074


“Mente tranquila, corpo forte, vida plena”

O Concello de Toén anima á veciñanza a participar nesta actividade saudable e accesible para todas as idades.

Organiza: Concello de Toén, coa colaboración da Deputación de Ourense.

Información sobre as parroquias priorizadas para a xestión da biomasa forestal

O Concello de Toén informa á veciñanza de que, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA para o período 2026-2029 en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, foron seleccionadas varias parroquias do municipio como parroquias priorizadas para a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Parroquias incluídas

  • Toén (Santa María)
  • Moreiras (San Pedro)
  • Xestosa (Santa María)

Nestas parroquias, a Administración autonómica realizará a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias co obxectivo de mellorar a prevención e defensa fronte aos incendios forestais.

Participación voluntaria

O acceso a este servizo será voluntario para as persoas responsables dos terreos afectados e efectuarase a través do Concello, mediante a formalización do correspondente contrato de xestión da biomasa segundo o modelo establecido no convenio.

Custe do servizo

A tarifa establecida para as persoas que formalicen o contrato será de 420 euros por hectárea e anualidade durante o período 2026-2029.

Como exemplo, o custo dunha actuación nunha parcela de 1.000 metros cadrados sería de 42 euros anuais.

O contrato terá unha validez dun ano, podendo solicitarse a súa renovación anualmente ata o ano 2029.

Consulta das faixas secundarias

As persoas interesadas poden consultar as faixas secundarias das parroquias priorizadas a través do Visor de Faixas da Xunta de Galicia:


Acceder ao Visor de Faixas


Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais do Concello de Toén.

Concello de Toén

Apertura das Piscinas Municipais de Toén – Verán 2026

O Concello de Toén informa á veciñanza da apertura ao público das instalacións das Piscinas Municipais de Toén para a tempada de verán 2026.

A apertura está prevista para o venres 26 de xuño, en horario de 14:30 a 21:30 horas.


Entradas

As entradas poderán adquirirse a través da plataforma de reservas online ou directamente nas instalacións do bar da piscina para o mesmo día.

A entrada para menores de 4 anos é gratuíta.


Acceder á reserva de entradas

Abonos de tempada para persoas empadroadas

As persoas empadroadas no Concello de Toén deberán solicitar o seu abono antes da apertura das piscinas a través da plataforma de reservas.

A validación dos abonos e entradas para persoas empadroadas realizarase nas 24-48 horas hábiles seguintes á solicitude.

Tarifas de abonos de tempada

  • Abono familiar (pais e fillos menores de 15 anos): 18 €
  • Abono adulto (maiores de 15 anos): 10 €
  • Abono infantil (de 4 a 14 anos): 3 €

Entradas individuais para empadroados

  • Adultos (+14 anos): 1 €
  • Infantil (4 a 14 anos): 0,50 €

Para beneficiarse destas tarifas reducidas é necesario solicitar previamente a entrada a través da aplicación para que poida verificarse o empadroamento.

Tarifas para visitantes (non empadroados)

Bonos

  • Bono 15 días: 15 €
  • Bono 7 días: 8 €

Entradas individuais

  • Adultos (+14 anos): 2 €
  • Infantil (4 a 14 anos): 1 €

O Concello de Toén deséxalles a todos os usuarios unha excelente tempada de baño e convida á veciñanza e visitantes a desfrutar destas instalacións municipais.

Concello de Toén

Campamento de Verán 2026 do Concello de Toén

O Concello de Toén invita a todos os nenos e nenas con idades entre os 3 e os 14 anos a participar no Campamento de Verán 2026, que contará cun amplo programa de actividades como inchables, simulador de carreiras, toro mecánico, obradoiros e moitas máis propostas de lecer.

Para poder participar, os nenos e nenas de 3 anos deberán ter esa idade cumprida antes do comezo da quincena elixida e contar con autonomía para ir ao baño, xa que os monitores non se farán cargo de cambialos.


Datas e quincenas

O campamento celebrarase no grupo escolar durante o mes de xullo e a primeira quincena de agosto, distribuído nas seguintes quincenas:

  • 1ª quincena de xullo: do 1 ao 15 de xullo, incluído.
  • 2ª quincena de xullo: do 16 ao 31 de xullo, incluído.
  • 3ª quincena de agosto: do 1 ao 14 de agosto, incluído.

Horario

  • Horario do campamento: de 10:00 a 14:00 horas.
  • Servizo de madrugadores: de 08:30 a 10:00 horas.

Solicitudes

O prazo de inscrición estará aberto do 10 ao 25 de xuño. As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición, dispoñible nas oficinas do Concello e na web municipal www.toen.gal.

A solicitude poderá entregarse nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica municipal: https://concellodetoen.sedelectronica.es.

Prazas

As prazas son limitadas por quincena. Para a adxudicación teranse en conta os seguintes criterios de prioridade:

  1. Nenos/as empadroados/as no Concello de Toén.
  2. Nenos/as con pais, nais, avós ou avoas empadroados/as no Concello de Toén.
  3. Resto de persoas.

Terase en conta a orde de presentación das solicitudes debidamente cumprimentadas.

Prezo por quincena

  • Persoas empadroadas: 30 €
  • Persoas non empadroadas: 100 €
  • Servizo de madrugadores: gratuíto

Dende o Concello de Toén animamos ás familias a participar nesta nova edición do Campamento de Verán.

Concello de Toén

Convocatoria para a contratación da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais 2026

O Concello de Toén informa da apertura do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal destinado á brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais correspondente ao ano 2026.

A convocatoria contempla a contratación dun total de 5 postos de traballo, co obxectivo de reforzar os labores de prevención e protección fronte aos incendios forestais durante a campaña de verán.


Postos convocados

  • 1 Xefe/a de brigada
  • 4 Peóns/Peoas de brigada

Características da contratación

  • Modalidade: Contrato laboral temporal.
  • Xornada: Completa.
  • Duración: 3 meses.
  • Sistema de selección: Concurso de méritos.

Bases da convocatoria

As bases completas poden consultarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello de Toén:

https://concellodetoen.sedelectronica.es

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse durante un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Lugares de presentación

  • Rexistro electrónico do Concello de Toén, dispoñible na sede electrónica municipal.
  • Oficina de asistencia en materia de rexistros, situada na Rúa Ribadela nº 1, 32930 Toén.
  • Por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Horario de atención presencial: de 8:30 a 14:30 horas.


Dende o Concello de Toén animamos a todas as persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases a participar neste proceso selectivo.

Concello de Toén

Axudas para adaptar vivendas de persoas maiores

Axudas para adaptar vivendas de persoas maiores

O Concello de Toén informa da convocatoria 2026 da Deputación de Ourense para a adaptación de vivendas de persoas maiores.

Importe da axuda

Ata 2.500 euros por persoa.

Quen pode solicitala

  • Persoas maiores de 65 anos ou que os cumpran no ano 2026.
  • Persoas empadroadas nun municipio da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes.
  • A vivenda debe ser habitual e estar en propiedade, usufruto ou alugueiro.

Requisitos principais

  • Renda anual igual ou inferior a 3 veces o IPREM.
  • A actuación debe mellorar a autonomía, accesibilidade ou calidade de vida.
  • Obras ou compras realizadas no ano 2026, desde o 1 de xaneiro de 2026.

Que se subvenciona

  • Adaptación de baños: cambio de bañeira por prato de ducha, grifos, WC ou lavabo.
  • Melloras de accesibilidade: portas, eliminación de chanzos ou adaptacións interiores.
  • Melloras de habitabilidade: humidades, pavimentos, instalacións de auga, luz, gas, calefacción e saneamento.
  • Axudas técnicas relacionadas coa autonomía da persoa solicitante.

Axudas técnicas incluídas

  • Cama ou somier articulado, colchón antiescaras, grúas, arneses, cadeiras ou asentos de ducha.
  • Butacas articuladas, coxíns, cuñas de posicionamento ou elementos similares.

Prazo de solicitude

O prazo remata o 17 de xuño de 2026.

As solicitudes tramitaranse por orde de entrada, coa documentación completa e correcta, ata esgotar os fondos dispoñibles. Recoméndase preparar a documentación con antelación.

Documentación básica

  • DNI da persoa solicitante, se non autoriza a consulta.
  • Certificado de empadroamento, se non autoriza a consulta.
  • Certificado da renda 2025, se non autoriza a consulta.
  • Orzamento da empresa a nome da persoa solicitante, cunha descrición detallada da obra, adaptación ou equipamento.
  • Documento que acredite a propiedade, usufruto ou alugueiro da vivenda.
  • No caso de adquisición de axudas técnicas, orzamento do material que se pretende mercar.

Para máis información e tramitación: Concello de Toén.

Teléfono: 988 261 074

Visita do CIM Móbil

O CIM Móbil visita Toén o 16 de abril

O Concello de Toén informa da visita do CIM Móbil (Centro de Información ás Mulleres), un servizo de atención, asesoría e acompañamento que estará no municipio o vindeiro xoves 16 de abril de 2026.

O punto de atención estará situado na Praza do Concello, en horario de 11:00 a 14:00 horas.Read More

Subvencións para obter o carné de conducir A e B para mozos/as de Toén

Subvencións para obter o carné de conducir A e B para mozos/as de Toén

O Concello de Toén vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de subvencións destinadas a facilitar a obtención do permiso de condución A e B entre a mocidade do municipio.

Estas axudas tramítanse mediante concorrencia non competitiva e teñen como obxectivo apoiar á xuventude no acceso á mobilidade e ao emprego.


Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse destas axudas os/as mozos/as do Concello de Toén que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado/a no Concello de Toén cunha antigüidade mínima de 1 ano.
  • Ter obtido o permiso de condución A ou B entre o 01/09/2025 e o 30/11/2026.
  • Non ter cumpridos os 26 anos no momento de obter o permiso.
  • Non ter sido beneficiario/a desta axuda en convocatorias anteriores.

Contía das axudas

  • 150 € para o permiso de condución A
  • 300 € para o permiso de condución B

As axudas concederanse ata esgotar o crédito dispoñible.

Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte á publicación no BOP e ata o 15 de decembro de 2026.

Bases e máis información

As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Toén e na Base de Datos Nacional de Subvencións:


O Concello de Toén anima á mocidade a aproveitar esta oportunidade para facilitar a obtención do carné de conducir.

Convocatoria para a contratación de 5 peóns forestais

Convocatoria para a contratación de 5 peóns forestais

O Concello de Toén informa da apertura do proceso selectivo para a contratación de 5 peóns forestais como persoal laboral temporal.

Esta convocatoria publícase para xeral coñecemento e co obxectivo de facilitar a participación das persoas interesadas no proceso de selección.


Características dos postos

  • Número de postos: 5
  • Categoría: Peóns forestais
  • Tipo de contrato: Laboral temporal por circunstancias da produción
  • Xornada: Completa
  • Duración: 5 meses
  • Sistema de selección: Concurso

Bases da convocatoria

As bases completas poden consultarse:

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As solicitudes poderán presentarse a través das seguintes vías:

  • Rexistro electrónico do Concello de Toén: acceder á sede electrónica
  • Oficina de asistencia en materia de rexistros:
    Rúa Ribadela, 1 · 32930 Toén
    Horario: 8:30 h – 14:30 h
  • Por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro

Para máis información, recoméndase consultar as bases completas da convocatoria.

Información baseada en bando municipal.

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google