25N DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
25 de Novembro, 11:00h na praza do Concello.
Lectura do manifesto e descubrimento de placa comemorativa na Praza do Concello.
Haberá un agasallo para todas as persoas que asistan.
—

Vaga de roubos en domicilios
Nos últimos días estamos sufrindo unha vaga de roubos en domicilios nos nosos pobos.
Dende o Concello estamos en contacto coa Garda Civil, que coñecen esta situación e están traballando para dar cos responsables.
Mentres tanto, a miña preocupación é a seguridade de todos/as os/as veciños/as. Por este motivo lles pido que tomen as precaucións necesarias para protexerse vostedes e as súas pertenzas.
Solicito a súa colaboración. Si alguén ve algún veículo sospeitoso, ou persoas descoñecidas que lles chamen a atención, por favor póñanse en contacto no momento co concello ou coa Garda Civil.
Suspensión clases pilates e ximnasia
INFORMASE QUE OS DÍAS 19 E 20 DE NOVEMBRO QUEDAN SUSPENDIDAS AS CLASES DE PILATES E XIMNASIA EN TOÉN, MOREIRAS E ALONGOS
A Administración preto de ti – Axudámosche a obter o certificado dixital
Axudámosche a obter o certificado dixital para que poidas realizar eletronicamente os teus trámites máis habituais (INSS, Tráfico, Axencia Tributaria, Sergas, carpeta cidadá…)
Sesión informativa impartida pola Subdelegación do Goberno en Ourense.
Concello de Toén
Data: 18/11/2025
Horario: de 10 a 14 horas
Inscripción Previa: concello.toen@eidolocal.es ou no 988 261 074
XI Concurso Fotográfico “Calendario do Concello de Toén 2026”
PARTICIPA COAS TÚAS MELLORES FOTOS!
TEMÁTICA: COSTUMES, FESTAS, PAISAXE, PATRIMONIO, TRADICIÓNS… CALQUERA ASPECTO REPRESENTATIVO DO CONCELLO DE TOÉN.
A FOTOGRAFÍA GAÑADORA SERÁ A IMAXE DO CALENDARIO 2026… E ADEMÁIS:
PREMIO DE 150,00€Read More
A Deputación impulsa a participación cidadá na mesa provincial de incendios
A Deputación impulsa a participación cidadá na mesa provincial de incendios.
Participa coas túas propostas para facer, entre todos, da nosa provincia un territorio máis seguro e preparado fronte o lume.
- Envía as porpostas a: mesa.provincial.incendios@depourense.gal
Ata o 31 de outubro.

ITV Agrícolas
LUGAR: Explanada da nave municipal sita en Ribadela n° 45- Toén.
DATAS:
04/11/2025 – 9:00 a 13:30 e 15:15 a 18:00
05/11/2025 – 9:00 a 13:30 e 15:15 a 18:00
Cita previa no teléfono: 981 92 80 80 e a través da páxina web: www.sycitv.com – cita previaRead More
Acordo adoptado polo Pleno da Deputación de Ourense respecto a escasez de efectivos da Guardia Civil na provincia de Ourense e a falta de medio nos seus cuartéis
Poño no seu coñecemento que, na data que se indica, o Pleno da Deputación Provincial de Ourense adoptou o seguinte acordo:Read More
Premios V Concurso de Pinchos Toén a Bocados
Este mércores 25 ás 21.30h tivo lugar na Casa do Concello a entrega de premios do V Concurso Toén a Bocados, nas categorçias de xurado popular e xurado “VIP”. Tamén tivo lugar o sorteo dos regalos para os clientes que participaron votando ao seu pincho favorito.
PREMIOS XURADO POPULAR
1º Bar Pazos. Tosta de Vitello Tonnato
2º Casa Ana. Petisco de Mugares
3º Café Bar Venecia . Tosta Fusión
PREMIOS XURADO “VIP”
1º Bar Pazos. Tosta de Vitello Tonnato
2º Casa do Peso. Bollito Volcán
3º Café Bar Venecia. Tosta Fusión
Nos próximos días porémonos en contacto cos premiados no sorteo de agasallos.
Grazas aos establecementos participantes nesta quinta edición, que despacharon máis de 1.500 pinchos nos tres días. Aos membros do xurado VIP por participar nesta experiencia. E a todos os veciños e visitantes que durante os tres días do concurso disfrutaron da nosa gastronomía no Concello de Toén.
