Parroquia de Puga
PARROQUIA DE PUGA
Eirexa de San Mamede de Puga
Planta rectangular. A nave está mais elevada e é mais ancha que o presbiterio (tamén rectangular). Muros de sillería isódoma. O muro sur presenta resto románicos, canecillos, aspillera e porta lateral sobre a que hai un arco de descarga. Fachada esbelta, con porta adintelada rematada por espadaña de arcos xemelgos con elementos de protección adosados. Cuberta de tella a dúas augas en toda a edificación.
Capela (O Pazo)
Nave rectangular con cuberta de tella curva a dúas augas. Muros de sillería granítica. Acceso ó interior a través de dous peldaños que percorren toda a fachada. Sencilla espadaña con un só arco de medio punto. A fachada presenta dous buratos rectangulares flanqueando a entrada e un circular de pequenas dimensións sobre a mesma.
Pazo do Olivar
Destaca a altura do seu peche constituido por sillería de pedra e porta de entrada o pazo.
Pasal (A Estrada)
Pasal para cruzar o río realizado con grandes sillares.
Fonte (O Pazo)
Fonte e lavadeiro con bóveda de medio punto formada por dovelas de pedra granítica que cubre o espazo interior da mesma.
Torre do Olivar
Fortificación con muros de sillería e mampostería, con planta rectangular. Destaca o escudo.