Mugares
PARROQUIA DE MUGARES
Eirexa de Santa María de Mugares
Eirexa de planta rectangular e dimensións considerables. Destaca polo seu estilo xa que é un dos poucos exemplos con formas renacentistas da provincia. Neste aspecto, a fachada é o seu elemento mais significativo. Consta de porta de arco de medio punto formado por dovelas, frontón triangular imposta de separación de corpos. Consta de dúas torres de notable volumetría, formadas por dous corpos de base cadrada que se rematan con cornisa que sobresae.
Capela de Mugares
Planta rectangular con cuberta a dúas augas e nártex de acceso con cuberta a tres augas adosada á fachada principal. Como peculiaridade destacar a maioar lonxitude da capela transversal que lonxitudinalmente. Espadaña con un único arco de medio punto. Peche de sillería granítica.
Fonte pública de Mugares
Fonte e lavadeiro conxunto de servicio doméstico. A bóveda de medio punto formada por dovelas de pedra granítica serve para cubrir o espazo interior da mesma.
Palomar
Palomar de planta circular, muros de sillería granítica e cuberta de tella. Baixo a cuberta unha corona de pedra bordea o perímetro da fachada.
Cabaceiros (grupo de hórreos)
Grupo de hórreos de reducidas dimensións. Estructura de madeira, peche de madeira (tablóns verticais). Cuberta de tella curva a dúas augas. Asentados ben sobre pes dereitos ou ben sobre sillares enterizos.