Moreiras
PARROQUIA DE MOREIRAS
Eirexa de San Pedro de Moreiras
Eirexa de planta de cruz latina que conserva no seu muro sur restos románicos (sillares e aspilleras). Fachada de decoración barroca, rematada por dúas torres desiguais, de traza renacentista con porta adintelada á que acompañan dous pares de columnas exentas. Barandilla de pedra rematando no primeiro corpo da fachada. Dúas torres: remate piramidal(norte) e na cúpula (sur). Amplas dimensións, corpo levado sobre o cruceiro, presbiterio mais alto que a nave.
Capela de As Airas
Planta rectangular con cuberta de tella curva a dúas augas. Peche a base de sillares de pedra. De reducidas dimensións e con pouca altura libre. Ó interior accédese a través de tres peldaños que van ó largo da fachada principal e que se atopan rematados nos testeiros por unha balaustrada de pedra.
Casa Rectoral de Moreiras
Casa de planta rectangular e cuberta de tella a catro augas. Cerramentos a base de sillería granítica. Consta de dúas plantas.
Casa do Patín en Moreiras
Casa de tres plantas con escudo. Cuberta a catro augas. Na planta superior balconada en madeira e galería en madeira apoiada sobre ménsula lonxitudinal de pedra. Muros de sillería con encintado.
Cruceiro de As Airas
Fuste hexagonal sobre basa cúbica, capitel prismático e dúas imaxes: Dolorosa e Cristo. Cruz prismática.
Hórreos en Moreiras
Conxunto de hórreos sobre pes dereitos con cerramento de madeira por medio de tablóns verticais e cuberta de tella a dúas augas.