Nadal en Toén 2024

Exposición do Belén do Milo
Inauguración o 14 de decembro ás 18:30 h.

IV EDICIÓN “O GORDO DE NADAL” AVENTURA MÁXICA
IV CONCURSO DE NADAL DO CONCELLO DE TOÉN
Bases no taboleiro de anuncios na sede electrónica concellodetoen.sedelectronica.es

DOMINGO 15 DE DECEMBRO
MERCADILLO SOLIDARIO DE NADAL
A partir das 11:00 h. na Praza de S. Pedro de Moreiras

VENRES 20 DE DECEMBRO
VISITA DE PAPA NOEL A CATIVOS E MAIORES
10:00 h. Galiña Azul
11:00 h. Centro de Día
12:00 h. CEIP Saco e Arce

SÁBADO 21 DE DECEMBRO
CINE INFANTIL
Proxección da película Santa Claus 2
Casa da Cultura de S. pedro de Moreiras ás 19:00 h.

DOMINGO 22 DE DECEMBRO
PAPÁ NOEL VISITA TRELLERMA
Ás 17:00 h. en colaboración coa Asociación
As Formigas de Trellerma

MARTES 24 DE DECEMBRO
CABALGATA DE PAPÁ NOEL
Visitará todas as Parroquias do Concello, acompañado do seus axudantes para recoller as cartas dos neno e nenas

MÉRCORES 25 DE DECEMBRO
MISA SOLEMNE DE NADAL
As 12:15 h. Igrexa Parroquial de Santa María de Toén
Agrupación Coral E de Cámara Zoar do Vento

VENRES 27 DE DECEMBRO
CONCERTO NO CENTRO DE DÍA
Concerto da Asociación Cultural Breagan de S. Pedro de Moreiras ás 11:30 h.

DOMINCO 29DE DECEMBRO
MISA SOLEMNE DE NADAL
As 12.00 Igexa Panoquial de S. Pedro de Moreiras.
Asociación Cultural Breagan de S. Pedro de Moreiras

LUNS 30 DE DECEMBRO
VISITA A PAZOLANDIA
Inscripción no Concello ata o 16 de decembro

VENRES 3 DE XANEIRO
BANDULLO AZUL: FAZULAS E O LADRÓN DE PARAGUAS
Espectáculo de contacontos para todos os públicos
Local Social A Picada de Puga ás 19:00 h.

DOMINGO 5 DE XANEIRO
RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS
NA CASA DO CONCELLO ás 16:00 h.
Chocolate con Churros de balde

LUNS 6 DE XANEIRO
CONCERTO DE NADAL
Casa da Cultura S. Pedro de Moreiras ás 18:00h.

PAZOLANDIA

Informase os veciños e veciñas que ábrese a inscrición para a actividade de Pazolandia.

  • Destinado a todos os nenos e nenas empadroados/as ou que al menos un proxenitor estea empadroado/a no Concello de Toén.
  • A actividade terá lugar o 30 de decembro de 2024 no Pazo dos Deportes “Paco Paz”.
  • Os nenos/as deberán ir acompañados dun adulto.
  • A data límite de inscrición será ata o 16 de decembro de 2024, telefonicamente no 988 26 10 74 ou presencialmente nas dependencias municipais.

V CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL DO CONCELLO DE TOÉN

PARTICIPANTES, CATEGORÍAS E PREMIOS:

  • CATEGORÍA INDIVIDUAL: persoas físicas empadroadas no Concello de Toén maiores de idade. Premio 200,00€
  • CATEGORÍA PERSOA XURÍDICA SEN ÁNIMO DE LUCRO: asociacións, comunidades de montes veciñais en man común… etc que teña o domicilio social no Concello de Toén, e centros de carácter público do Concello de Toén (CEIP, Centro de saúde, Centro de día, Escola infantil… etc). Premio 350,00€
  • CATEGORÍA ESCAPARATE COMERCIAL: persoas físicas ou xurídicas titulares dun establecemento comercial no Concello de Toén. Premio 200,00€

INSCRICIÓNS:

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado ANEXO I disponible na sede electrónica municipal, no Rexistro Xeral do Concello de Toén (Rúa Ribadela 1, 32930, Toén) en horario de 8:30 a 14:30 horas, de luns a venres, ou no rexistro electrónico da Sede Electrónica do Concello de Toén http://concellodetoen.sedelectronica.es.

As Fotografía/s ou vídeo/s da decoración de Nadal que se presenten ao concurso deberán achegarse en formato dixital. No caso de fotografía/s, teñen que entregarse en formato JPG e unha resolución mínima de 1 MB; e no caso de vídeo/s, teñen que entregarse en formato MP4.

PRAZO DE INSCRICIÓN

REMATA O 20 DE DECEMBRO ÁS 14.30H.

 

PARTICIPA!

25N. Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Esta mañá no salón de plenos da Casa do Concello de Toén tivo lugar o acto de lectura do manifesto pola eliminación da violencia contra a muller, asinado polos tres grupos da Corporación Municipal, e a presenza de traballadoras e traballadores municipáis.

 

I.T.V. AGRICOLAS

LUGAR: Explanada da nave municipal sita en Ribadela no 45- Toén.

DATA HORA:

  • 04/11/2024 De 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00
  • 05/11/2024 De 9:00 a 13:30

CITA PREVIA:

A Admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

AVISO DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS

DATA DE ENVÍO: 20/09/2024

TIPOLOXÍA: CHOIVAS E TORMENTAS

NIVEL DE ALERTA: LARANXA

ACTUALIZACIÓN METEOALERTA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía, AEMET informa, nos boletíns 213/71GAL e 73/71GAL emitidos ás 11:26h do 20/09/2024, dun FMA por CHOIVAS de nivel

• LARANXA en LUGO (Centro e A Montaña) e PONTEVEDRA (Interior). Poden producirse precipitacións acumuladas nunha hora de ata 30 l/m2.

AMARELO para A CORUÑA (Interior), LUGO (Sur) e OURENSE. Poden producirse precipitacións acumuladas nunha hora de ata 25 l/m2.

Tamén informa dun FMA por TORMENTAS de nivel AMARELO en A CORUÑA (Interior), LUGO (Centro. A Montaña e Sur) e OURENSE

Están previstos o seu inicio para o mediodía de hoxe ata finais do mesmo día ou principios de mañá.

Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona de aviso afectada prevense tormentas fortes. Dado o carácter destes fenómenos existe a posibilidade de que se poidan producirse tormentas de intensidade superior de forma puntual.

 

Ante calquera emerxencia chame ao 112.

Preinscrición Bailes Afrolatinos

Informase os veciños e veciñas do Concello de Toén que, ábrese o prazo de preinscrición na actividade de Bailes Afrolatinos dende o día 13 de setembro o 20 de setembro de 2024.

A actividade terá lugar os venres ás 22:10h en Puga.

A preinscrición farase telefonicamente, no teléfono 988261074, ou presencialmente nas oficinas municipais.

Se non se alcanza un mínimo de persoas inscritas non se levará a cabo a actividade.

No caso de formarse o grupo o prazo de solicitude e pagamento de taxas será do 23 de setembro o 4 de outubro de 2024.

Obradoiro de Memoria

DATAS DE INICIO:

  • XESTOSA: 20 DE SETEMBRO
  • TOÉN: 23 DE SETEMBRO
  • MOREIRAS: 27 DE SETEMBRO

HORARIO E LUGAR DE REALIZACIÓN

  • TOÉN Luns de 16:30h a 18:00h no Local Social
  • MOREIRAS Venres de 18:00h a 19:30h na Casa da Cultura
  • XESTOSA Venres de 16:00h a 17:30h no Local Social

Horario Piscinas

Informase os veciños e veciñas do Concello de Toén que, dende o día 1 de agosto de 2024, o horario das piscinas municipais será de 12.00h a 21.00h.

Proceso de selección para cubrir 1 posto de traballo de socorrista

Aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.

  • Número e denominación do posto: 1 socorrista.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral a xornada completa.
  • Duración do contrato: ata o día 01/09/2024.
  • Sistema de selección: concurso de méritos.
  • Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google