Amigos do Patrimonio de Toén
Amigos do Patrimonio de Toén
Amigos do Patrimonio de Toén é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu ca fin de estudar, protexer e pór en valor o patrimonio material e inmaterial do concello de Toén, así coma investigar e divulgar a historia local. Formado en 2019 por un grupo de veciñas e veciños de distintas parroquias do municipio que tiñan coma idea común estes obxectivos; a asociación é un proxecto aberto no que poden participar tódolos que estean interesados na nosa labor.
O plan de cara o futuro é a catalogación, posta en valor, sinalización e divulgación do rico patrimonio material e inmaterial que teñen estas terras, así coma un estudo e publicación da historia de Toén. Unha tarefa inmensa no que a colaboración e aportacións das nosas xentes será fundamental para levala a bo porto. Un traballo que non entende de lindes nin marcos artificiais, pois somos parte dun contexto moito máis amplo que o Concello no que vivimos, polo que queremos tamén poder axudar a dar a coñecer e salvagardar o patrimonio e historia dos nosos veciños e ser un punto de encontro con outros municipios; poñendo así o noso gran de area no estudo e conservación do legado dos nosos devanceiros e o coñecemento da historia de Galicia.