Parroquia de Toén
PARROQUIA DE TOÉN
Eirexa de Santa María de Toén
Eirexa formada por unha nave de planta rectangular, co presbiterio mais elevado e sacristía adosada a éste na súa parte dianteira. Muros de sillería isódoma. Fachada de estilo renacentista, con porta adintelada e unha soa torre no lateral dereito.
Capela de Toén
Capela de unha nave de planta rectangular. Muros de sillería granítica. Sinxela fachada con dous buratos rectangulares flanqueando a porta adintelada e unha soa espadaña con arco de medio punto e sin campana.
Casa e Pasal
Conxunto de vivenda e pasal. Vivenda de dúas plantas con cerramento a base de sillares. Pasal cerrado e cuberto, con cerramento a base de tablas de madeira e cuberta a dúas augas de tella curva.
Hórreo
Hórreo de gran tamaño. Estructura de pedra con catro módulos e cerramento de madeira por medio de tablóns verticais. Cuberta de tella a dúas augas.
Casa
Vivenda de dúas plantas. Peche a base de sillería con encintado. Buratos adintelados. Na primeira planta balcóns sobre ménsula corrida cubertos con estructura de madeira. Barandilla formada por elementos verticais metálicos.