Agrupación Cultural Breogán
Agrupación Cultural Breogán
Nace esta Agrupación Cultural Breogán alá polo mes de septembro do ano 1983, na parroquia de San Pedro de Moreiras,no Concello de Toén. Tivo a sua orixe nunha rondalla parroquial, formada por 50 compoñentes, que co paso do tempo foi mermendo en cantidade.Mais tarde únense 23 voces corais,encadradas na Agrupación Cultural Breogán.Actualmente está formada por 20 compoñentes.
Ó longo da súa andaina,ten demostrada a calidade da súa música con diversas actuacións na provincia de Ourense e fóra dela.
Entre elas destacan:actuacións na TV de Alicante,concerto de panxoliñas para a TVG e varias actuacións no Teatro Principal de Ourense e no Teatro García Barbón en Vigo, no Auditorio e na Catedral de Ourense
Obten o 1º premio no festival de Panxoliñas celebrado en Xinzo da Limia en 1997.
Participa no Festival de Boleros de Valdoviño (Ferrol) e no II Certame Ribeiras do Miño.
En abril 2003 celebra o XX aniversario en San Pedro de Moreiras.
Nestes últimos anos participa no IX festival internacional de Música e Canto Coral Aurea Canta,no festival de Boleros en Celanova,na Xuntanza de Corais en Laias e As Neves,no festival coral de música popular en Viveiro , no 1ºcertame coral de Aqua Música Ribeira Sacra-Parada de Sil,na xuntanza de corais pobos da Peroxa e no XIII certamen das letras galegas en Maceda.
Organiza a súa primeira Xuntanza de Corais en abril de 2016.
Asimesmo conta cunha gravación da súa 1ª casette no ano 1991 e do seu 1º CD no ano 2009 con motivo do XXV aniversario.