Novas

TOÉN A BOCADOS

Os vindeiros 25-26 de Xuño e 2-3 de Xullo celebrarase o primeiro concurso de pinchos do concello no que participarán gran parte dos nosos establecementos hosteleiros, e donde poderemos degustar as súas creacións.

Tamén haberá un sorteo de cheques regalo para compras no Grupo Cuevas e lotes de viño para os que participen na votación para o mellor pincho.

PISCINAS MUNICIPAIS 2021

Chega o verán, e con él, a apertura das piscinas municipais.

Para poder conseguir calqueira dos bonos terá que cubrir a solicitude e entregala nas oficinas municipais. Prema aquí solicitude bonos

A GOLDEN RIVER RACE pasará por Toén

A regata máis longa por etapas de toda Europa pasará por Toén.

Hoxe presentouse en Castrelo de Miño a Golden River Race, que unirá Lugo, Ourense e Pontevedra.

Na segunda etapa, Ourense-Castrelo de Miño, Toén será un punto relevante xa que contará ca única meta volante da etapa. Momento no que os deportistas terán que facer o maior esforzo para acadar puntos importantes para a súa clasificación.

 

Compostaxe doméstica

Si desexan ter un composteiro para a xestión dos residuos orgánicos do fogar poden solicitalo á oficina do Concello. As compañeiras de Administración collerán os seus datos e tramitarán os pedidos.

Requisitos:

· Ter a primeira residencia no concello de Toén.

· Non ter un composteiro de anteriores campañas.

· Ter polo menos 50 metros cadrados de horta ou xardín.

· Comprometerse a estar presente ma vivenda para as visitas de seguimento da campaña.

Toén máis verde

Todos temos a obriga de coidar no posible o noso entorno, e por este motivo, o Concello de Toén deixará de utilizar herbicida nos nosos núcleos de poboación de forma inmediata.

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google