I CONCURSO DE DECORACION NAVIDEÑA
O Concello de Toén convida a todas as persoas empadroadas no Concello de Toén, maiores de idade, a participar no I Concurso de decoración navideña de xanelas, balcóns, fachadas, peches e fincas do Concello de Toén.
Cada persoa só poderá presentar unha solicitude de participación. Poderán participar todas as xanelas, balcóns, fachadas, peches e fincas con decoración navideña no termo municipal de Toén que sexan visibles dende o espazo público.
INSCRIPCIÓN: ata o día 23/12/2020
Deberán achegar unha fotografía da decoración navideña que presenta a concurso, en papel ou en formato dixital a través do correo electrónico concello.toen@eidolocal.es, indicando “I Concurso de decoración navideña de xanelas, balcóns, fachadas, peches e fincas do Concello de Toén (Exp.419/2020)”; e identificar súa situación exacta.
PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES)
Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible
Frear o cambio climático
Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)
PROGRAMA OPERATIVO
FEDER GALICIA
2014-2020
Unha maneira de facer Europa
SUBVENCION IDAE
O Concello de Toén vén de recibir unha subvención do INSTITUTO PARA A DIVERSIFICACIÓN E AFORRO DA ENERXÍA (IDAE) DO MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA por importe de 84.799,60 €, ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (BOE nº 144, do 17/06/2017), para a execución do proxecto RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR EN TOÉN, cun investimento total de 105.999,50 €, que constitúe unha primeira fase dun ambicioso proxecto de renovación global da iluminación pública de todo o Concello