Noticias

DECLARACIÓN CONCELLO DE TOÉN: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

A violencia contra ás mulleres maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica. E unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual. Todos os poderes públicos temos o deber de adoptar as medidas necesarias para facer estes dereitos reais e efectivos.

Como cada 25 de Novembro, hoxe conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Dita data foi instaurada por primeira vez pola Organización de Nacións Unidas en 1993.

O Concello de Toén reitera un ano máis a súa firme condena de calquera expresión de violencia contra as mulleres, así como todas e cada unha das manifestacións da mesma.

A violencia de Xénero deixa cada ano un elevado regueiro de vítimas (mulleres asasinadas, mulleres maltratadas, cativos e menores de idade orfos, mulleres discriminadas, mulleres que viven con medo e que lastran consecuencias psicolóxicas ou quedan emocionalmente destrozadas). Esta é unha situación dramática que se repite ano tras ano. É absolutamente necesaria a reacción unánime de todos os grupos políticos, identificar esta violencia, recoñecer as súas sinais e rexeitar de forma contundente a quen maltrata, a quen xustifica a violencia e a quen ostenta actitudes que a promoven.

Nunha semana coma esta, queremos lembrar a todas as vítimas deste drama, en especial a Beatriz Lijó de 47 anos, e a Ana Vanesa Serén , de 4 anos. Ambas asasinadas este ano na nosa comunidade polas súas ex parellas.

O compromiso do Concello de Toén é artellar unha resposta global fronte á violencia de xénero en calquera das súas modalidades e consecuencias. Promover unha asistencia integral ás mulleres vítimas, a todas as persoas que estean ao seu cargo, e fortalecer a prevención para avanzar na paulatina redución desta violencia ata a súa completa erradicación.

A eliminación da violencia contra as mulleres é un reto para todos os grupos políticos, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación.

Dende o Concello de Toén imos seguir traballando contra todas as formas de violencia de xénero.

A data de hoxe, 25 de novembro, non debemos quedar só na reprobación das condutas violentas. Debemos rexeitar tamén a indiferenza, a pasividade, a ignorancia ou a tolerancia, cómplices desta violencia e que favorecen o mantemento dunha situación de desigualdade e discriminación intolerables nunha sociedade avanzada e democrática como a nosa.

Con convencemento de que este éocamiño aseguir, oConcello de Toén lembra o compromiso asumido de traballar intensamente na colaboración
institucional, na concienciación social e na mellora das diferentes medidas e recursos postos en marcha co obxectivo último de desterrar a
violencia de xénero, conseguir a recuperación das vítimas e construír entre todas e todos unha sociedade máis xusta e digna.

Declaración asinada pola corporación do Concello de Toén.

En Toén a 24 de novembro de 2023.

El Ayuntamiento de Toén se une a la celebración del 25N

Estimados veciños e veciñas,

O Concello de Toén únese á celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. O Concello de Toén rexeita calquera conducta violenta contra a muller así como a pasividade ou indiferencia ante tales actos.

Con tal fin, o venres 24 de novembro ás 11.30h terá lugar a lectura pública da Declaración da Corporación do Concello de Toén no Salón de Plenos do Concello para a Eliminación da Violencia Contra a Muller.

Todos os veciños e veciñas están convidados a participar deste acto.

DÍA 24 DE NOVEMBRO

HORA: 11:30h

LUGAR: SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE TOÉN

Ricardo González Gómez

Alcalde

IX CONCURSO FOTOGRÁFICO CALENDARIO 2024 DO CONCELLO DE TOÉN

PARTICIPA COAS TUAS MELLORES FOTOS DE TEMÁTICA RECOÑECIBLE DO CONCELLO DE TOÉN:
COSTUMES, FESTAS, PAISAXES, PATRIMONIO, TRADICIÓNS…

PREMIOS:

  • 1° PREMIO: IMAXE DO CALENDARIO 2024 e 150€
  • 2° PREMIO: 100€

Envía as fotografías a concursos@toen.es en formato jpg e resolución mínima de 1 MB, cos datos persoais, medio de contacto e título da fotografía, antes do 10/11/2023.

Bases dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electronica en https://concellodetoen.sedeelectronica.es e na páxina web toen.gal

Obradoiro de Manualidades 2023-2024

  • DIRIXIDO AOS VECIÑOS/AS DO CONCELLO MAIORES DE IDADE 
  • DURACIÓN DA ACTIVIDADE: 6 MESES. 
  • INICIO: MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO ATA FINAIS DE MAIO DO 2024. 

 

  • INSCRICIÓN 

PRAZO: do 16 outubro ó 2 de novembro. 

MEDIANTE FORMULARIO DE INSCRICIÓN E LIQUIDACIÓN dispoñibles nas oficinas do concello e na web www.toen.es 

O pagamento da taxa de 50€ realizarase mediante transferencia ou ingreso nas contas facilitadas no modelo de liquidación. 

 

  • HORARIO 

TOÉN (LOCAL SOCIAL)………….MÉRCORES………………..………. 16:00 a 18:00h. 

Talleres de conservas de outono por o territorio

SETAS E CASTAÑAS
  • DATA: 07/11/2023
  • HORA: 16:30 A 19:00
  • LUGAR DE IMPARTICIÓN: Local Social Alongos
  • TELÉFONO PARA INSCRIPCIÓNS: 988261074

CONSERVACIÓN DE PESCADOS
  • DATA: 02/11/2023
  • HORA: 16:30 A 19:00
  •  LUGAR DE IMPARTICIÓN: Casa da Cultura (Moreiras)
  • TELÉFONO PARA INSCRIPCIÓNS: 988261074

INSCRIPCIÓNS ENTRE O 16 E O 26 DE OUTUBRO

CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE TOÉN PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE O ANO 2023

Ao abeiro do convenio indicado o Concello de Toén iniciou as labores de prevención de incendios forestais para o ano 2023 mediante a realización de tratamentos preventivos mecanizados e de xeito manual, realizando tamén labores de investigación do estado das parcelas no concello.

Estas actuacións corresponden a traballos de prevención que se enmarcan dentro da submedida 8.30 “axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes” do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 polo que están cofinanciadas polo Feader (75%), pola Administración xeral do Estado (7,5%) e pola Xunta de Galicia (17,50%).

Documento PDF

INSPECCION DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS DO CONCELLO DE TOEN

LUGAR: Explanada da nave municipal sita en Ribadela nº 45- Toén.

DATA: 30/10/2023  HORA: 9:00 a 13:30 e 15:15 a 18:00

DATA: 31/10/2023  HORA: 9:00 a 13:30

Cita previa:

Teléfono.: 902 30 90 00

A través da páxina web: www.sycitv.com

A Admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google