Nos últimos días estamos a recibir consultas sobre a situación dos médicos no Centro de Saúde, por este motivo informo para o coñecemento de veciños e veciñas:

Dende os primeiros días de febreiro o Centro de Saúde de Toén conta provisionalmente cun só médico.

Actualmente o SERGAS está rematando un concurso de traslados de médicos. Por este motivo o doutor que estivo últimamente marchou, para tomar posesión da súa praza.

A praza vacante pola xubilación da Dra. Alicia Blanco cubrirase á maior brevidade unha vez rematado o concurso de traslados actual.

Deste xeito, está garantizado que os veciños e veciñas do Concello de Toén seguiremos contando con dóus médicos como ata agora.

Lamento as incomodidades e esperas nas citas médicas que estamos a sufrir nas últimas semanas, alleas á xestión do Concello, e insisto en que moi pronto voltaremos á normalidade con dous médicos.

 

O alcalde
Ricardo González Gómez.