En Toén sentímonos comprometidos coa erradicación de calquera manifestación de violencia de xénero.

 

Hoxe as concelleiras Andrea Cruz Iglesias, Julia Vispo Losada e Rosa Maria Feijoo Rebollo visitaron a nosa gardería Galiña Azul, o noso Ceip Saco e Arce e o noso Centro de Día para agasallar a todos os nenos, nenas e maiores coa nosa taza de “Toén, nin máis, nin menos♀️♂️”.

 

Grazas aos equipos directivos do CEIP Saco e Arce, Galiña Azul e Centro de Día por acoller esta iniciativa do Concello de Toén.