TEMÁTICA:

Participa coas túas mellores fotos!

As fotografías presentadas deben de ter por temática calquera aspecto relacionado co Concello de Toén (costumes, paisaxe, patrimonio, tradicións, festas …). Deberase identificar claramente algún elemento que permita recoñecer o Concello de Toén na fotografía.

PREMIOS:

  • 1º PREMIO: A fotografía premiada co 1º premio será a imaxe do Calendario 2025 e recibirá 150,00€
  • 2º PREMIO: 100€

INSCRICIÓN:

Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Toén, ou no rexistro electrónico da Sede Electrónica do Concello de Toén http://concellodetoen.sedelectronica.es.

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que estará dispoñible na sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es) xunto coas fotografías presentadas a concurso en formato dixital, en formato JPG e unha resolución mínima de 1 MB.

PRAZO: ATA O DÍA 12/11/2024 ÁS 14.30H

Bases dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal https://concellodetoen.sedelectronica.es e na páxina web www.toen.gal