PARTICIPANTES E CATEGORÍAS

  • Categoría individual: persoas sicas empadroadas no Concello de Toén maiores de idade.
  • Categoría persoa xurídica sen ánimo de lucro: asociacións, comunidades de montes veciñais en man común… etc que teña o domicilio social no Concello de Toén, e centros de carácter público do Concello de Toén (CEIP, Centro de saúde, Centro de día, Escola
    infantís… etc).
  • Categoría escaparate comercial: persoas físicas ou xurídicas titulares dun establecemento comercial no Concello de Toén.

INSCRICIÓNS

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Toén (Rúa Ribadela 1, 32930, Toén) en horario de 8:30 a 14:30 horas, de luns a venres, ou no rexistro electrónico da Sede Electrónica do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es/.

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado, Anexo I, que estará dispoñible na sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es).PRAZO DE

INSCRICIÓN: ATA O 19/12/2025 ÁS 14:30H.

REQUISITOS E TEMÁTICA

A decoración ten que ser visible desde o espazo público. No caso da categoría de persoas xurídicas sen ánimo de lucro, poderase ocupar o espazo público, previa solicitude e autorización do Concello de Toén.

Haberá total liberdade en canto á técnica e es$lo, sempre que a temá$ca xire en torno ao ambiente de Nadal.

Os criterios a valorar son os seguintes: creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición, e motivos empregados para a decoración.

OUTORGARANSE 3 PREMIOS ECONÓMICOS PARA CADA CATEGORÍA.

BASES DISPOÑIBLES NA PÁXINA WEB DO CONCELLO WWW.TOEN.ES

PARTICIPA!