Nos últimos días estamos sufrindo unha vaga de roubos en domicilios nos nosos pobos.

Dende o Concello estamos en contacto coa Garda Civil, que coñecen esta situación e están traballando para dar cos responsables.

Mentres tanto, a miña preocupación é a seguridade de todos/as os/as veciños/as. Por este motivo lles pido que tomen as precaucións necesarias para protexerse vostedes e as súas pertenzas.

Solicito a súa colaboración. Si alguén ve algún veículo sospeitoso, ou persoas descoñecidas que lles chamen a atención, por favor póñanse en contacto no momento co concello ou coa Garda Civil.