PARTICIPANTES, CATEGORÍAS E PREMIOS:

  • CATEGORÍA INDIVIDUAL: persoas físicas empadroadas no Concello de Toén maiores de idade. Premio 200,00€
  • CATEGORÍA PERSOA XURÍDICA SEN ÁNIMO DE LUCRO: asociacións, comunidades de montes veciñais en man común… etc que teña o domicilio social no Concello de Toén, e centros de carácter público do Concello de Toén (CEIP, Centro de saúde, Centro de día, Escola infantil… etc). Premio 350,00€
  • CATEGORÍA ESCAPARATE COMERCIAL: persoas físicas ou xurídicas titulares dun establecemento comercial no Concello de Toén. Premio 200,00€

INSCRICIÓNS:

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado ANEXO I disponible na sede electrónica municipal, no Rexistro Xeral do Concello de Toén (Rúa Ribadela 1, 32930, Toén) en horario de 8:30 a 14:30 horas, de luns a venres, ou no rexistro electrónico da Sede Electrónica do Concello de Toén http://concellodetoen.sedelectronica.es.

As Fotografía/s ou vídeo/s da decoración de Nadal que se presenten ao concurso deberán achegarse en formato dixital. No caso de fotografía/s, teñen que entregarse en formato JPG e unha resolución mínima de 1 MB; e no caso de vídeo/s, teñen que entregarse en formato MP4.

PRAZO DE INSCRICIÓN

REMATA O 20 DE DECEMBRO ÁS 14.30H.

 

PARTICIPA!