Subvencións para obter o carné de conducir A e B para mozos/as de Toén

O Concello de Toén vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de subvencións destinadas a facilitar a obtención do permiso de condución A e B entre a mocidade do municipio.

Estas axudas tramítanse mediante concorrencia non competitiva e teñen como obxectivo apoiar á xuventude no acceso á mobilidade e ao emprego.


Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse destas axudas os/as mozos/as do Concello de Toén que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado/a no Concello de Toén cunha antigüidade mínima de 1 ano.
  • Ter obtido o permiso de condución A ou B entre o 01/09/2025 e o 30/11/2026.
  • Non ter cumpridos os 26 anos no momento de obter o permiso.
  • Non ter sido beneficiario/a desta axuda en convocatorias anteriores.

Contía das axudas

  • 150 € para o permiso de condución A
  • 300 € para o permiso de condución B

As axudas concederanse ata esgotar o crédito dispoñible.

Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte á publicación no BOP e ata o 15 de decembro de 2026.

Bases e máis información

As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Toén e na Base de Datos Nacional de Subvencións:


O Concello de Toén anima á mocidade a aproveitar esta oportunidade para facilitar a obtención do carné de conducir.