QUERES SER XURADO CO IV CONCURSO TOÉN A BOCADOS 2024?

👉🏻 Si eres veciño ou veciña empadroada no Concello de Toén… e  non eres familiar directo de ningún establecemento participante

💡 Podes participar no sorteo para ser un dos cinco membros de xurado de Toén a Bocados!

QUÉ TERÍAS QUE FACER?

  • Visitar os oito establecementos e probar o pincho en cada un deles. Disporás de tickets pagados para que disfrutes do teu pincho e bebida.
  • Tomar nota da sensación que che deixa cada pincho: presentación, textura, sabor, orixinalidade, etc.
  • Asistir á reunión de deliberación do xurado e entreda de premios o domingo 14 de xullo na casa do concello, ás 20.00h (duración aproximada unha hora).

E sobre todo pasalo moi ben vivindo esta nova experiencia

Si queres participar envía un email co teu nome e teléfono de contacto a toenabocados@toen.es

O sorteo terá lugar o xoves día 4 de xullo ás 11.30h na casa do concello. A continuación contactarán cos elexidos por teléfono.

Anímate!