O Concello de Toén vén de recibir unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 63.065,93 € ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras das subvención para a creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG núm. 23, do 2 de febreiro de 2023). O proxecto subvencionado denomínase “MELLORA DO ACCESO Á ALDEA MODELO DE TRELLE” cun investimento total de 73.289,51 € máis 5.542,90 € de honorarios.