Programa Municipal de Fomento do Deporte para Todos 2026-2027: ximnasia de mantemento e pilates

O Concello de Toén pon en marcha unha nova edición do Programa Municipal de Fomento do Deporte para Todos 2026-2027, dirixido á veciñanza do municipio e que contará con actividades de ximnasia de mantemento e pilates.

As actividades desenvolveranse do 1 de outubro de 2026 ata finais de maio de 2027, con diferentes horarios e localizacións para facilitar a participación da veciñanza.


Prazo de inscrición

O prazo para inscribirse estará aberto do 14 ao 25 de setembro de 2026.

As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición e liquidación, dispoñible nas oficinas do Concello e na sede electrónica municipal:

Acceder á sede electrónica do Concello de Toén

Prezos

Persoas empadroadas no Concello de Toén

  • Ximnasia de mantemento: 60 €
  • Pilates: 60 €

Persoas non empadroadas no Concello de Toén

  • Ximnasia de mantemento: 100 €
  • Pilates: 100 €

O pagamento da taxa realizarase mediante transferencia ou ingreso nas contas facilitadas no modelo de liquidación.

Horarios e lugares

Luns e mércores – Puga e Alongos

  • Puga (antiga escola): ximnasia de mantemento de 18:30 a 19:15 h.
  • Alongos (Local A Graveira): ximnasia de mantemento de 19:30 a 20:15 h.

Martes e xoves – Moreiras

Casa da Cultura:

  • Ximnasia de mantemento: de 19:00 a 19:45 h.
  • Pilates: de 20:00 a 20:45 h.

Martes e xoves – Toén

Local do campo da festa:

  • Ximnasia de mantemento: de 18:00 a 18:45 h.

SOLICITUDE E AUTOLIQUIDACION


O Concello de Toén anima á veciñanza a participar neste programa municipal, unha oportunidade para practicar actividade física de forma regular e fomentar hábitos de vida activos e saudables.

Concello de Toén