A Deputación de Ourense, é socio do proxecto GREEN GAP https://green-gap.eu/es/ cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, no que colaboran, entre outros, o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia  e a Universidade da Coruña.

Unha das actividades do proxecto é a elaboración da  Estratexia Local de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático da Provincia de Ourense, a cal leva consigo a celebración de dous encontros participativos -dirixidos por un equipo investigadores da Universidade de A Coruña-, nos que se abordarán, xunto ás persoas asistentes, os principais aspectos que debería recoller e resaltar este documento estratéxico de planificación territorial.

Gustaríanos contar coa súa opinión a través da presente ligazón (https://emapic.es/custom/greengap).

Nese visor pode seleccionar calquera municipio e abrir a súa correspondente enquisa sobre infraestrutura verde. A participación da veciñanza resulta imprescindible nestes documentos estratéxicos que procuran o maior consenso.

A data na que se desenvolverán estes encontros participativos, é a seguinte:

  • Día 13 de Xuño
  • Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa Progreso 30, Ourense )
  • Horario: de 11:00 a 13:00

Para poder xestionar o espazo, precisamos confirmar a asistencia a través da seguinte ligazón: https://form.jotform.com/251472563743056

 

Para solucionar calquera tipo de dúbida ou aclaración (Sección de planificación, patrimonio e programas de cooperación. 988.31.75.58).