Aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.

  • Número e denominación do posto: 1 socorrista.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral a xornada completa.
  • Duración do contrato: ata o día 01/09/2024.
  • Sistema de selección: concurso de méritos.
  • Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.