Convidámosvos a pasar un día diferente e moi especial para os nenos e nenas do Concello.

Será na fermosa carballeira municipal en Puga, ao carón do Miño. Un lugar inmellorable!

Xogos en familia, talleres músicas, grafitis, festa da Espuma, coñecemento da natureza e moitas sorpresas máis.

Todas a actividades son gratis para todos os nenos e nenas.

Poderedes comer…

  • mercando a comida alí
  • podedes levar a vosa comida de picnic e utilizar as mesas que haberá a vosa disposición.
    Tamén haberá microondas para que quecer a comida dos máis cativos

Sodes benvidos todos os nenos e nenas de Toén xunto cos vosos papás, mamás, avós, avoas…

IMPORTANTE‼️

Para ter a mellor organización posible é lmprescindible anotarse chamando ou enviando whatsApp ao número ☎️ 636762162

Desexamos que a proposta vos guste e pasemos un día fermoso entre familia e veciños do concello!

E si non sodes do Concello de Toén? Sodes benvidos a disfrutar do día e descubrir o noso concello.