Este mércores 25 ás 21.30h tivo lugar na Casa do Concello a entrega de premios do V Concurso Toén a Bocados, nas categorçias de xurado popular e xurado “VIP”. Tamén tivo lugar o sorteo dos regalos para os clientes que participaron votando ao seu pincho favorito.

PREMIOS XURADO POPULAR

1º Bar Pazos. Tosta de Vitello Tonnato

2º Casa Ana. Petisco de Mugares

3º Café Bar Venecia . Tosta Fusión

PREMIOS XURADO “VIP”

1º Bar Pazos. Tosta de Vitello Tonnato

2º Casa do Peso. Bollito Volcán

3º Café Bar Venecia. Tosta Fusión

Nos próximos días porémonos en contacto cos premiados no sorteo de agasallos.

Grazas aos establecementos participantes nesta quinta edición, que despacharon máis de 1.500 pinchos nos tres días. Aos membros do xurado VIP por participar nesta experiencia. E a todos os veciños e visitantes que durante os tres días do concurso disfrutaron da nosa gastronomía no Concello de Toén.