Xuño 15, 2024
PISCINAS MUNICIPAIS 2024
Informase os veciños e veciñas do Concello de Toén que, a data de apertura das piscinas municipais será o venres día 28 de xuño de 2024, en horario de 14.00h a 21.30h, e pecharán o 1 de setembro de 2024.
PARA O ACCESO AO RECINTO PODERANSE ADQUIRIR AS ENTRADAS NA PORTADAS INSTALACIÓNS. A ENTRADA DOS NENOS MENORES DE 4 ANOS É GRATUÍTA.
ABONOS DE TEMPADA (EMPADROADOS NO CONCELLO):
- SERÁ OBRIGATORIA A SÚA SOLICITUDE ANTES DO DÍA DE APERTURA.
- PARA O ACCESO AS PISCINAS OS ABOADOS DEBERÁN
IDENTIFICARSE MEDIANTE DNI (Non se entregará carné físico).
-
- Deberase presentar a correspondente solicitude xunto co impreso de liquidación e oxustificante de pagamento da taxa nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica https://concellodetoen.sedelectronica.es.
- Os impresos deberán estar cubertos en todos os seus campos e deberase efectuar o pagamento da taxa regulada na ordenanza fiscal publicada no BOP núm. 113 do 24.05.2011 (modificación BOP núm. 165 do 19.07.2013), na conta do Concello de Toén que se detalla no modelo de solicitude.
- Os modelos de solicitude e liquidación estarán dispoñibles na páxina web municipal www.toen.gal
Infórmase os empadroados e empadroadas noConcello de Toén que, non hai limite para asolicitude dos abonos por tempada.
Para o acceso as piscinas os aboados deberán identificarse mediante DNI. Non se entregará carné físico.
AS TARIFAS DOS BONOS SON AS SEGUINTES:
ABONOS POR TEMPADA
PARA AS PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE TOÉN:
FAMILIAR (pais e fillos menores de 15 anos) 18 €
ADULTOS (maiores de 15 anos) 10 €
MENORES (de 4 a 14 anos incluído) 3 €
VISITANTES (non empadroados no Concello de Toén):
Os bonos estarán dispoñibles na taquilla das piscinas municipais.
BONO 15 DÍAS 15 €
BONO 7 DÍAS 8 €