Un Nadal cheo de maxia, tradición e actividades para gozar en familia en todo o Concello de Toén.

Actividades e concursos

Exposición do Belén do Milo

Estará exposto durante o período de Nadal no Concello Vello.

Inauguración: 13 de decembro ás 18:30 h.

Horarios: venres, sábados e domingos de 16:00 a 20:00 h.

I edición de debuxo infantil de Nadal

Poden participar todos os nenos matriculados no CEIP Saco e Arce do Concello de Toén.

Prazo: ata o 12 de decembro.

O debuxo gañador será empregado como imaxe oficial da felicitación de Nadal do Alcalde do Concello de Toén.

VI concurso de Nadal do Concello de Toén

Poden participar todas as persoas empadroadas e maiores de idade.
Hai tres categorías: individual, persoas xurídicas sen ánimo de lucropremio escaparate comercial.

  • Inscricións: ata o 19 de decembro.
  • Visita do xurado ás decoracións: 23 de decembro.
  • Fallo do xurado: luns 29 de decembro.

Bases no taboleiro de anuncios na sede electrónica: concellodetoen.sedelectronica.es

V edición “O Gordo de Nadal”

Colaboración coa Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén.
Haberá varias participacións de lotería agachadas por diferentes pobos do Concello.

Aventura Máxica

Colaboración na actividade levada a cabo pola Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén.
Roteiro infantil/xuvenil por lugares do Concello seguindo pistas. Haberá premios agachados.

Datas: do 22 de decembro ao 5 de xaneiro.

Axenda de eventos

Mércores 17 de decembro

Papa Noel estará no noso concello

  • 10:30 h · visita aos nenos da escola infantil
  • 11:00 h · visita aos maiores do centro de día
  • 12:00 h · estará no CEIP Saco e Arce de Toén
Sábado 20 de decembro

Papa Noel en Trelleirma

  • 16:30 – 17:30 h · visitará Trelleirma
Mércores 24 de decembro

Cabalgata de Papa Noël

Visitará todas as parroquias do Concello, acompañado dos seus axudantes para recoller as cartas dos nenos:

  • 10:00 h · Xestosa · Campo da festa
  • 10:30 h · Puga · Campo da festa
  • 11:00 h · Fea · Praza da igrexa
  • 11:30 h · Alongos · Estrada dos chalets
  • 12:10 h · Mugares · Explanada local social
  • 12:45 h · Moreiras · Praza
  • 13:20 h · Trelle · Campo da festa
  • 13:45 h · Trelleirma · Campo da festa
  • 14:10 h · Toén · Praza do Concello
Xoves 25 de decembro

Misa Solemne de Nadal

Agrupación Coral e Instrumental Zoar do Vento na igrexa de Santa María de Toén ás 12:15 h.

Luns 29 de decembro

Taller de cociña en inglés

Dirixido a nenos entre 4 e 12 anos. Disfrutarán cociñando receitas divertidas e aprenderán segredos da cociña en inglés.

Lugar: Casa da Cultura de Moreiras · Hora: 17:00 h

Martes 30 de decembro

Visita a Pazolandia

Visita dos nenos do Concello a Pazolandia acompañados dun adulto.

Imprescindible: inscrición no Concello · Data límite: 22 de decembro

Sábado 3 de xaneiro

Rubi Dudi · “Se non soño non son”

Espectáculo para todos os públicos: maxia, baile e moito humor.

Lugar: Local social da Picada (Puga) · Hora: 19:30 h

Concello de Toén · Nadal 2025

Cartel (PDF)