A Uros Race, a carreira de obstáculos de Toén, xa está aquí!!!

A Uros Race é unha carreira de obstáculos deseñada para todas as idades e niveis de condición física.

Nela, atoparás muros, gabias, equilibrio, puntería, transporte, suspensión, auga, lama, etc.
Celebrarase o vindeiro domingo 14 de setembro no CILL, a partir das 9:30 h.

Terá tres categorías:

  • Elite: Para os corredores máis experimentados, puntuable para o Campionato de España. Os participantes deben superar todos os obstáculos.
  • Starter: Para corredores menos experimentados que aspiran a converterse en elite, e este é o primeiro paso. Os participantes teñen cinco “vidas” para superar os obstáculos. Tamén puntuable para o Campionato de España.
  • Popular: Para todos os públicos. Trátase de ter unha experiencia e pasar un día diferente e divertido mentres te desafias a ti mesmo. Os participantes poden axudarse mutuamente a superar os obstáculos.

Ven a participar ou únete ao público para ver e vivir unha experiencia inesquecible!!!