Xanelas, balcóns, fachadas, peches, fincas ou escaparates do Concello de Toén

CATEGORÍAS:

  1. Individual
  2. Grupo (Pobo, barrio, grupo de veciños. etc…)

Poderán participar todas as persoas empadroadas e maiores de idade que decoren xanelas, balcóns, fachadas, peches, fincas ou escaparates no termo municipal de Toén, que sexan visibles dende o espazo público. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo, sempre que a temática xire en torno ao ambiente de Nadal. No caso da categoría de grupo, poderase ocupar espazo público previa comunicación ao Concello.

INSCRICIÓNS:

Ata o día 22/12/2022 ás 14.00h.

Mediante correo electrónico ao enderezo concursos@toen.es. Deberán achegar unha fotografía ou vídeo do/s elemento/s cos que concursen indicando ‘IV Concurso de decoración de Nadal’ (Exp. 757/2023) e cos seguintes datos:

  • Ubicación exacta da decoración situación exacta
  • Nome, apelidos e DNI das persoas participantes e categoría na que participan (individual ou grupo).
  • As fotografías terán que entregarse en formato JPG cunha resolución mínima de 1 MB.
  • Os vídeos terán que entregarse en formato MP4.

Bases dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es).