O Concello de Toén informa á veciñanza de que, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA para o período 2026-2029 en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, foron seleccionadas varias parroquias do municipio como parroquias priorizadas para a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Parroquias incluídas

  • Toén (Santa María)
  • Moreiras (San Pedro)
  • Xestosa (Santa María)

Nestas parroquias, a Administración autonómica realizará a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias co obxectivo de mellorar a prevención e defensa fronte aos incendios forestais.

Participación voluntaria

O acceso a este servizo será voluntario para as persoas responsables dos terreos afectados e efectuarase a través do Concello, mediante a formalización do correspondente contrato de xestión da biomasa segundo o modelo establecido no convenio.

Custe do servizo

A tarifa establecida para as persoas que formalicen o contrato será de 420 euros por hectárea e anualidade durante o período 2026-2029.

Como exemplo, o custo dunha actuación nunha parcela de 1.000 metros cadrados sería de 42 euros anuais.

O contrato terá unha validez dun ano, podendo solicitarse a súa renovación anualmente ata o ano 2029.

Consulta das faixas secundarias

As persoas interesadas poden consultar as faixas secundarias das parroquias priorizadas a través do Visor de Faixas da Xunta de Galicia:


Acceder ao Visor de Faixas


Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais do Concello de Toén.

Concello de Toén