O Concello de Toén rende homenaxe aos seus maiores coa celebración da I Festa do Maior, unha xornada pensada para compartir, recoñecer e poñer en valor o exemplo de vida, forza e dignidade das persoas maiores do noso concello.

A cita será o 25 de abril de 2026, a partir das 12:00 horas, no pavillón do CEIP Saco e Arce, e está dirixida a maiores de 65 anos.


Programa da xornada

  • 12:30 h · Misa Solemne, participada pola A.C. Breogán de San Pedro de Moreiras e a Agrupación Zoar do Vento de Toén.
  • 14:00 h · Xantar, con menú composto por cocido completo, bica, viño D.O. Ribeiro e licores.
  • Sobremesa amenizada pola Charanga A Felga.

Inscricións

As inscricións poderán realizarse a partir do martes 17 de marzo de 2026 na Casa do Concello, en horario de oficina.

Data límite de inscrición: 17 de abril de 2026.

Prezos

  • Empadroados/as: 5,00 €
  • Non empadroados/as: 30,00 €

Dende o Concello de Toén animamos a todas as persoas maiores de 65 anos a participar nesta celebración, creada como un espazo de encontro, recoñecemento e convivencia.

Organiza: Concello de Toén.