Alongos
PARROQUIA DE ALONGOS


Eirexa Parroquial de San Martiño (O Prado)
Unha soa nave con planta rectangular, muros de sillería isódoma. Corpo do presbiterio mais elevado de non moi grandes dimensións. Porta de arco de medio punto formado por dovelas. Esapadaña de dous arcos xemelgos. Cuberta a dúas augas e catro augas no presbiterio.
Capela de O Santo
Capela de unha nave de planta rectangular con cuberta de tella curva a dúas augas. Muros de sillería granítica. Sencilla espadaña con un só arco de medio punto. Porta de acceso lixeiramente desplazada hacia a esquerda respecto á espadaña.
Casa Rectoral (O Prado)
Pazo de planta rectangular,a nave principal con cuberta de tella a cuatro augas. Adosado a unha das fachadas lonxitudinais a cuberta prolonga o seu faldón sobre unha terraza exterior e unha zona de entrada á que se accede na planta a través de unha escaleira con balaustres de pedra. Os muros son de sillería granítica.
Casa do Saco (Outeiro)
Muros de sillería, gran portalón de entrada adintelado con escudo encima e muros de peche decorados con almenas.
Cruceiro (O Prado)
Cruceiro de reducidas dimensións con fuste hexagonal sin imaxes nin basa.