Charla informativa

CHARLA INFORMATIVA

Sobre las ayudas que dispone la Xunta de Galicia para comprar, restaurar e mejorar la eficiencia energética de nuestras vivendas.

 

19 DE OUTUBRO

20.00h

CASA DA CULTURA DE MOREIRAS

Obradoiro dual de emprego dos Concellos de Toén, Barbadás, San Cibrao e Taboadela

ABRESE AO PRAZO PARA OPTAR A PRAZAS DE PERSOAL TEMPORAL PARA O OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO

O obradoiro abrangue os concellos de Toén, Taboadela, San Cibrao e Barbadás

O proceso selectivo abrangue as prazas de director/a, 2 docentes e 1 administrativo/a

O alumnado será preseleccionado polo Servizo Público Estatal de Emprego entre os/as demandantes de obradoiros inscritos na oficina da Ponte

O día 2 de novembro poñerase en marcha o obradoiro dual de emprego denominado “Concellos rurais da comarca de Ourense II: Toén, Barbadás, San Cibrao e Taboadela.

O obradoiro abrangue 2 ámbitos didácticos: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

selección abrangue a contratación de director/a, docente de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e docente de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización 1 administrativo/a.

O sistema de selección de persoal será o concurso de méritos.

Para optar a docente en “Operacións auxliares de acabados ríxidos e urbanización será necesario o CELGA 4 ou equivalente. As titulacións poderá ser unha das seguintes: licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes. Diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes. Técnico e Técnico Superior da familia profesional de Edificación e obra civil. Certificado de profesionalidade de nivel 2 e 3 da área profesional de albanelería e acabados da familia profesional e Edificación e Obra Civil.

Para a selección de docente en “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” requírese ademais do Celga 4, a licenciatura, enxeñería, arquitectura ou título de grago correspondente ou outros títulos equivalentes. Diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes. Técnico/a de técnico/a superior da familia profesional de Agraria. Certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 da área profesional de Forestal da familia profesional de Agraria.

selección de director/a do obradoiro dual de emprego require título universitario de grao ou equivalente. E para a selección de Administrativo/a requírese título de bachiller ou técnico/a.

As bases específicas reguladoras dos procesos de selección poderán consultarse na sede electrónica e na páxina web do Concello de Barbadás xa que éste é o coordinador dos tramites administrativos para levar a cabo o obradoiro.

Enlaces de consulta:

https://www.barbadas.es/wp-content/uploads/2022/10/Bases-e-solicitude-docente-actividades.pdf

https://www.barbadas.es/wp-content/uploads/2022/10/Bases-e-solicitude-director.pdf

https://www.barbadas.es/wp-content/uploads/2022/10/Convocatoria-OBRAOIRO.pdf

https://www.barbadas.es/wp-content/uploads/2022/10/Bases-e-solicitude-docente-actividades.pdf

https://www.barbadas.es/wp-content/uploads/2022/10/Bases-e-solicitude-administrativo.pdf

Alumnado

O alumnado do obradoiro de emprego será seleccionado entre as persoas que estean anotadas como demandantes de obradoiros de emprego e en situación de desemprego.

O obradoiro vai dirixido a persoas que con carácter xeral carecen dunha cualificación profesional, a persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social e persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos.

O prazo para inscrición remata o día 11 de outubro e as persoas que opten deben estar anotadas antes das 14,30h de mañá martes.

selección efectuarase o día 18 de outubro a partir das 8,30 horas na Casa do Concello de Barbadás

A selección farase mediante a aplicación do seguinte baremo:

  1. MULLERES.

As beneficiarias do programa de fomento da inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero terán prioridade absoluta.

  • En xeral: 1 Punto.
  1. IDADE.
  • 18-29 anos: 4 Puntos
  • 30-44 anos: 1 Punto
  • 45 ou máis anos: 3 Puntos
  1. DISCAPACIDADE.
  • Minusvalía > 33 % : 1 Punto
  1. PROTECCIÓN POR DESEMPREGO
  • Perceptores de desemprego: 1 Punto
  • Perceptores de subsidios (RAI, PREPARA, ACTIVA, subsidio extraordinario, RISGA): 2 Puntos
  • Non perceptores: 4 Puntos
  1. TEMPO DE DESEMPREGO DENDE O ULTIMO TRABALLO ( SEGUNDO VIDA LABORAL)
  • Ata 12 meses: 1 Punto
  • Máis de 12 meses: 2 Puntos
  • Máis de 18 meses: 4 Puntos
  1. CATEGORÍA PROFESIONAL (NO TRABALLO INMEDIATAMENTE ANTERIOR, SEGUNDO VIDA LABORAL)
  • Autónomos: 0 Puntos
  • Grupos de cotización 1 a 7: 0 Puntos
  • Grupo de cotización 8: 1 Punto
  • Grupo de cotización 9: 2 Puntos
  • Grupo de cotización 10: 3 Puntos
  • Sen emprego anterior: 4 Puntos
  1. PERTENZA A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS OU EN RISCO DE EXCLUSION SOCIAL (Acreditado mediante certificación dos servizos sociais do concello respectivo ou do Servizo de Prestacions, Inclusión e Inmigración da Conselleria de Politica Social. A puntuacion dos dous apartados non é acumulable).
  • Perceptores da RISGA e aqueles aos que Iles fose denegada unha solicitude, ben por falta do periodo esixido de residencia ou empadroamento, ou ben por esgotar o periodo máximo de percepción legalmente establecido: 2 puntos.
  • Drogodependentes rehabilitados acreditados, ex-reclusos, persoas que abandonaron o exercicio da prostitución, traballadores inmigrantes residentes na comunidade, emigrantes retornados con graves necesidades familiares ou persoais, mulleres procedentes de casas de acollida con problemas de inserción laboral, persoas que estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración Autonómica, e persoas que formen parte de minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social: 1 punto.
  1. FORMACIÓN ACADÉMICA:

Ata graduado escolar ou ESO: 3 Puntos

  • Bachalerato/BUP/FP ciclo medio: 2 Puntos
  • Títulos universitarios e de FP de ciclo superior: 1 Punto
  1. RESPONSABILIDADES FAMILIARES / UNMADE FAMILIAR DE CONVIVENCIA (Acreditado mediante certificado de convivencia):
  • Unidade familiar de 4 ou máis membros: 1 Punto
  • Familia monoparental con fillo/s: 1 Punto
  1. OUTROS

Por ter prevista a realización deste tipo de medidas no seu Itinerario de Inserción Profesional (IPI): 2 puntos.

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google