Aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.

  • Número e denominación do posto: 5 peóns forestais.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa.
  • Duración do contrato: 5 meses.
  • Sistema de selección: concurso-oposición.
  • Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal ( https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.