Aprobadas as bases de selección para a ampliación da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais para o posto de auxiliar de SAF durante os anos 2024 e 2025, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.

  • Denominación do posto: auxiliar de axuda no fogar.
  • Vixencia da bolsa de emprego: ata o día 31/12/2025.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada, por circunstancias da produción ou por substitución da persoa traballadora.
  • Duración do contrato e xornada: as que correspondan segundo as necesidades concretas da situación que se pretenda cubrir.
  • Sistema de selección: concurso de méritos.
  • Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal ( https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.