O Concello de Toén informa da apertura do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal destinado á brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais correspondente ao ano 2026.

A convocatoria contempla a contratación dun total de 5 postos de traballo, co obxectivo de reforzar os labores de prevención e protección fronte aos incendios forestais durante a campaña de verán.


Postos convocados

  • 1 Xefe/a de brigada
  • 4 Peóns/Peoas de brigada

Características da contratación

  • Modalidade: Contrato laboral temporal.
  • Xornada: Completa.
  • Duración: 3 meses.
  • Sistema de selección: Concurso de méritos.

Bases da convocatoria

As bases completas poden consultarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello de Toén:

https://concellodetoen.sedelectronica.es

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse durante un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Lugares de presentación

  • Rexistro electrónico do Concello de Toén, dispoñible na sede electrónica municipal.
  • Oficina de asistencia en materia de rexistros, situada na Rúa Ribadela nº 1, 32930 Toén.
  • Por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Horario de atención presencial: de 8:30 a 14:30 horas.


Dende o Concello de Toén animamos a todas as persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases a participar neste proceso selectivo.

Concello de Toén