O obxecto do contrato é a explotación do bar das piscinas municipais, situadas en Ribadela s/n, Toén, durante a tempada de verán 2024, cuxa codificación é CPV 55410000.

A contratación deste servizo xustifícase na conveniencia de que as persoas usuarias das piscinas municipais dispoñan do servizo de bar nas propias instalacións.

Dada a natureza da prestación obxecto deste contrato non é posible a súa división por lotes.

O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo especial, tal e como establece o artigo 25.1.b) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP).

  • O prazo de presentación de ofertas remata o día 4 de xuño
  • As ofertas teñen que presentarse obrigatoriamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) accesible desde a seguinte dirección web  www.conselleriadefacenda.es/silex
  • A documentación que hai que presentar está dispoñible en SILEX

Documentación: