O prazo para cobro en voluntaria dos recibos de IVTM estará aberto dende o 1 de abril ao 2 de xuño de 2025.

Os contribuíntes recibirán no seu domicilio os impresos dos recibos-resgardo de pagamento, que deberán aboar en calquera oficina de Abanca, Banco Pastor, Banco Popular, B.B.V.A, Banco Santander, Banco Sabadell/Gallego, Caixabank (entidades colaboradoras), ou encalquera oficina da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.

Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio os referidos impresos, poderá solicitar duplicado nas oficinas de recadación da Excma. Deputación, e advírtese de que o feito de non recibi-los impresos non exime da obrigación de efectua-lo pagamento no prazo mencionado sempre que figure como contribuínte nas listas cobratorias.