O CONCELLO DE TOEN TEN ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA “AXUDAS POLO NACEMENTO OU ADOPCIÓN DUN/DUNHA FILLO/A DURANTE O ANO 2021”

CONTIA DA AXUDA: 250€ por cada fillo/a nado/a ou adoptado/a.

O pagamento realizarase a través da entrega dunha tarxeta para gastos relacionados coa maternidade e coas necesidades básicas do/a menor.

BENEFICIARIOS: Pais, nais ou titores legais que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que o nacemento ou adopción tivese lugar no ano 2021.
  • Que a persoa beneficiaria sexa española ou estranxeira con residencia legal en España.
  • Que a persoa beneficiaria estea empadroada no Concello de Toén cunha antigüidade mínima de 1 ano no momento do nacemento ou adopción.
  • Que o/a neno/a este empadroado/a no domicilio da persoa solicitante no momento da solicitude.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 15 de decembro de 2021 nos Servizos Sociais do Concello de Toén

BANDO CHEQUE-BEBE