Cheque Bebé 2026 en Toén
Resumo rápido
- Contía: 250€ por fillo/a (tarxeta para gastos de maternidade e necesidades básicas).
- Para quen: pais, nais ou titores legais que cumpran requisitos de empadroamento e residencia.
- Datas válidas de nacemento/adopción: do 01/12/2025 ao 30/11/2026.
- Prazo de solicitude: do 20/02/2026 ao 15/12/2026.
Que é o Cheque Bebé 2026?
O Cheque Bebé 2026 é unha axuda do Concello de Toén destinada a apoiar ás familias polo nacemento ou adopción dun/dunha fillo/a durante o período establecido na convocatoria.
Contía e forma de pagamento
Contía da axuda
A contía é de 250€ por cada fillo/a nado/a ou adoptado/a.
Como se recibe
O pagamento realizarase mediante a entrega dunha tarxeta para gastos relacionados coa maternidade e coas necesidades básicas do/a menor.
Quen pode solicitalo (requisitos)
Poden ser beneficiarios pais, nais ou titores legais que cumpran os requisitos recollidos no bando:
| Datas do feito causante | Nacemento ou adopción entre 01/12/2025 e 30/11/2026. |
|---|---|
| Situación legal | Persoa solicitante española ou estranxeira con residencia legal en España. |
| Empadroamento do solicitante | Empadroado/a no Concello de Toén cunha antigüidade mínima de 1 ano no momento do nacemento ou adopción. |
| Empadroamento do outro proxenitor/a (se procede) | Que estea empadroado/a no Concello de Toén no momento da solicitude (se hai autorización, comprobarase de oficio). |
| Empadroamento do/a neno/a | O/a neno/a debe estar empadroado/a no domicilio da persoa solicitante no momento da solicitude. |
Consello práctico: revisa que os empadroamentos (solicitante, menor e, se procede, o outro proxenitor/a) están actualizados antes de presentar a solicitude.
Prazos e datas clave
- Prazo de solicitude: do 20 de febreiro ao 15 de decembro de 2026.
- Datas válidas de nacemento/adopción: do 01/12/2025 ao 30/11/2026.
Como e onde presentar a solicitude
Presentación presencial
As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Toén.
Outras vías / electrónica
Tamén se poden presentar por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Acceder á Sede electrónica
Máis información
Para ampliar información, podes contactar cos Servizos Sociais do Concello de Toén.
Preguntas frecuentes
Cal é a contía do Cheque Bebé 2026?
É de 250€ por cada fillo/a, e abóase mediante unha tarxeta para gastos relacionados coa maternidade e coas necesidades básicas do/a menor.
Que nacementos ou adopcións entran na convocatoria?
Os que teñan lugar entre o 01/12/2025 e o 30/11/2026.
Cal é o prazo para presentar a solicitude?
Do 20/02/2026 ao 15/12/2026.
Onde se presenta a solicitude?
No Rexistro Xeral do Concello de Toén ou por calquera medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE LECTURA
A Deputación Provincial de Ourense aprobou as bases reguladoras da concesión de axudas en especie para “ADQUISICIÓN DE LIBROS” (BOP Ourense no 183 do 24/09/2025)
REQUISITOS:
- Ter nacido no ano 2007 ou posteriores
- Estar empadroado/a nun concello da provincia de Ourense na data de publicación da convocatoria
CONTIA DA AXUDA:
- Consiste na entrega dun libro por persoa beneficiaria cun custe máximo de 20 euros (IVE incluído).
- A diferenza de prezo, se a houbera, deberá ser aboada polo/a solicitante.
- Non se inclúen libros de texto nin material escolar
PRAZO E MODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- A adquisición de libros poderá realizarse desde o 15 de outubro ata o 20 de decembro de 2025
- As solicitudes deberán presentarse a través da web: https://plandelectura.depourense.gal
- Unha vez cubertos os datos enviarase un código persoal por cada menor solicitante ao correo electrónico ou telefono facilitado que deberá presentarse no establecemento adherido para retirar o libro.
- A listaxe de librarías e establecementos adheridos poderá consultarse na mesma páxina web.
Para calquera dúbida ou incidencia, a Deputación habilitou un formulario específico na propia web: https://plandelectura.depourense.gal/incidencias
CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA ALUGUEIRO DE AXUDAS TÉCNICAS E ADAPTACIÓN DE VIVIENDA A PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS
A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONCEDE SUBVENCIÓN PARA PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS PARA OS SEGUINTES CONCEPTOS:
– GASTOS DE ALUGUEIRO DE AXUDAS TÉCNICAS (camas articuladas, grúas, colchóns antiescaras, cadeiras especiais, metálicos articulados, arnés para guindastres, carro de ducha ou baño, mesa regulable, alzas ou asentos para inodoros, butacas articuladas, cuñas de posicionamento, aparellos de ventilación, protectores de cabeza, etc.)
– GASTOS DE OBRAS DE ADAPTACIÓN DE VIVIENDA (eliminación de bañeiras, mellora da accesibilidade, colocación de ramplas, eliminación de chanzos, colocación de varandas, ensanchamento ou eliminación de portas, instalación de chans antiescorregadizos, etc.)
PERIODO SUBVENCIONABLE
Pódese subvencionar as obras de adaptación/aluguer dende o dia 1 de xaneiro de 2025
PRAZO DE SOLICITUDE:
ATA o 09 de xullo de 2025 – adxudicase por orde de entrada no rexistro ata esgotar o orzamento
PARA MAIS INFORMACIÓN PODEN ACUDIR ÓS SERVICIOS SOCIAIS DESTE CONCELLO CHAMANDO AO NUMERO DE TELEFONO 988261074 – ext. 2
CHEQUE BEBÉ 2025
O CONCELLO DE TOEN TEN ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA “AXUDAS POLO NACEMENTO OU ADOPCIÓN DUN/DUNHA FILLO/A DURANTE O ANO 2025”.
CONTIA DA AXUDA: 250€ por cada fillo/a nado/a ou adoptado/a.
O pagamento realizarase a través da entrega dunha tarxeta para gastos relacionados coa maternidade e coas necesidades básicas do/a menor.
BENEFICIARIOS:
Pais, nais ou titores legais que cumpran os seguintes requisitos:
- Que o nacemento ou adopción tivese lugar entre as datas 01/12/2024 e 30/11/2025.
- Que a persoa solicitante sexa española ou estranxeira con residencia legal en España.
- Que a persoa solicitante estea empadroada no Concello de Toén cunha antigüidade mínima de 1 ano no momento do nacemento ou adopción.
- De ser o caso, que a outra persoa proxenitora ou adoptante estea empadroada no Concello de Toén no momento da solicitude (en caso de autorización, comprobarase de oficio polo órgano instrutor do procedemento).
- Que o/a neno/a este empadroado/a no domicilio da persoa solicitante no momento da solicitude.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 21 de marzo ata o 15 de decembro de 2025 no Concello de Toén
MAIS INFORMACIÓN. nos Servizos Sociais do Concello de Toén.
BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS/AS E OUTRAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS/AS E OUTRAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE TOÉN PARA O ANO 2024
- O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O DÍA 27 DE MAIO DE 2024
- AS SOLICITUDES TEÑEN QUE PRESENTARSE OBRIGATORIAMENTE DE FORMA TELEMÁTICA A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE TOÉN
- OS MODELOS DE ANEXOS ESTÁN DISPOÑIBLES NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE TOÉN
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARROZAS E COMPARSAS DE ENTROIDO DO CONCELLO DE TOÉN
1. OBXECTO
O obxecto das presentes bases é regular o réxime de concesión de premios para o Concurso de carrozas e comparsas de Entroido do Concello de Toén, que terá lugar nun desfile que se celebrará o sábado 17 de febreiro de 2024 no pobo de Mugares.
A hora e lugar exacto de comezo do desfile será comunicado oportunamente ás persoas participantes, así coma a súa orde de participación.Read More
PROXECTO DE MELLORA DO ACCESO Á ALDEA MODELO DE TRELLE
O Concello de Toén vén de recibir unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 63.065,93 € Read More


