COLOQUIO HOMENAXE ÁS MULLERES DO CONCELLO DE TOÉN
Este venres día 8, Día Internacional da Muller, celebramos un coloquio con mulleres diversas do concello: diferentes edades, profesións e experiencia vitales. A cita será as 18:30 no salón de plenos.
Ven a escoitalas e celebremos esta homenaxe á Muller do Concello de Toén.
Mulleres do concello, de distintas edades e experiencias, falarán das súas vidas e os tempos que lembran e viven.
Moderan: Mariví Iglesias Castelo e Rosa María Feijóo Rebollo
Haberá un pequeno convite ao rematar o coloquio
DECLARACIÓN CONCELLO DE TOÉN: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
A violencia contra ás mulleres maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica. E unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual. Todos os poderes públicos temos o deber de adoptar as medidas necesarias para facer estes dereitos reais e efectivos.
Como cada 25 de Novembro, hoxe conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Dita data foi instaurada por primeira vez pola Organización de Nacións Unidas en 1993.
O Concello de Toén reitera un ano máis a súa firme condena de calquera expresión de violencia contra as mulleres, así como todas e cada unha das manifestacións da mesma.Read More

