Selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal
Convocatoria para a contratación de 2 peóns de servizos varios
O Concello de Toén informa da apertura do proceso selectivo para a contratación de 2 peóns de servizos varios como persoal laboral temporal.
Esta convocatoria publícase para xeral coñecemento e co obxectivo de facilitar a participación das persoas interesadas no proceso de selección.
Características dos postos
- Número de postos: 2
- Categoría: Peóns de servizos varios
- Tipo de contrato: Laboral temporal por circunstancias da produción
- Xornada: Completa
- Duración: 6 meses
- Sistema de selección: Concurso
Bases da convocatoria
As bases completas poden consultarse:
- Nas oficinas municipais
- Na sede electrónica do Concello: concellodetoen.sedelectronica.es
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As solicitudes poderán presentarse a través das seguintes vías:
- Rexistro electrónico do Concello de Toén: acceder á sede electrónica
- Oficina de asistencia en materia de rexistros:
Rúa Ribadela, 1 · 32930 Toén
Horario: 8:30 h – 14:30 h - Por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro
Para máis información, recoméndase consultar as bases completas da convocatoria.
ANUNCIO DE LICITACIÓN: Contratación explotación bar piscinas municipais tempada verán 2024
De acordo co decreto da Alcaldía de data 27/05/2024, faise pública a licitación da contratación que se especifica a continuación, con indicación de que a forma de concorrer a este procedemento de contratación pública é únicamente en formato electrónico, mediante a presentación das solicitudes de participación e proposicións a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) accesible desde a seguinte dirección web www.conselleriadefacenda.es/silex.
Aprobadas as bases de selección para cubrir 2 peóns de servizos varios
Aprobadas as bases de selección para cubrir 2 postos de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.
- Número e denominación do posto: 2 peóns de servizos varios.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa.
- Duración do contrato: 6 meses.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal ( https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Aprobadas as bases de selección para cubrir 5 peóns forestais
Aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.
- Número e denominación do posto: 5 peóns forestais.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción a xornada completa.
- Duración do contrato: 5 meses.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal ( https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Aprobadas as bases de selección para a ampliación da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais para o posto de auxiliar de SAF
Aprobadas as bases de selección para a ampliación da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais para o posto de auxiliar de SAF durante os anos 2024 e 2025, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.
- Denominación do posto: auxiliar de axuda no fogar.
- Vixencia da bolsa de emprego: ata o día 31/12/2025.
- Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada, por circunstancias da produción ou por substitución da persoa traballadora.
- Duración do contrato e xornada: as que correspondan segundo as necesidades concretas da situación que se pretenda cubrir.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal ( https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Bolsa de emprego para realizar contratacións laborais para o posto de auxiliar de SAF
Aprobadas as bases de selección para a ampliación da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais para o posto de auxiliar de SAF durante os anos 2024 e 2025, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.
- Denominación do posto: auxiliar de axuda no fogar.
- Vixencia da bolsa de emprego: ata o día 31/12/2025.
- Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada, por circunstancias da produción ou por substitución da persoa traballadora.
- Duración do contrato e xornada: as que correspondan segundo as necesidades concretas da situación que se pretenda cubrir.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Proceso de selección para cubrir 1 posto de traballo de socorrista
Aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.
- Número e denominación do posto: 1 socorrista.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral a xornada completa.
- Duración do contrato: ata o día 01/09/2024.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
CONTRATACIÓN EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS MUNICIPAIS TEMPADA VERÁN 2024
O obxecto do contrato é a explotación do bar das piscinas municipais, situadas en Ribadela s/n, Toén, durante a tempada de verán 2024, cuxa codificación é CPV 55410000.
A contratación deste servizo xustifícase na conveniencia de que as persoas usuarias das piscinas municipais dispoñan do servizo de bar nas propias instalacións.
Dada a natureza da prestación obxecto deste contrato non é posible a súa división por lotes.Read More
Contratación das obras de acondicionamento do espazo público no lugar de Mugares.
A actuación que constitúe o obxecto do contrato, consiste nas obras de acondicionamento do espazo público no lugar de Mugares, no concello de Toén.
Na presente contratación non resulta posible a división do obxecto do contrato en lotes polo risco para a correcta execución do contrato procedente da natureza do obxecto do mesmo, ao implicar a necesidade de coordinar a execución das diferentes prestacións, xustificada en que, coa división en lotes do obxecto do contrato, perderíase a optimización do control da execución global do contrato.
