X CONCURSO FOTOGRÁFICO CALENDARIO DO CONCELLO DE TOÉN 2025
TEMÁTICA:
Participa coas túas mellores fotos!
As fotografías presentadas deben de ter por temática calquera aspecto relacionado co Concello de Toén (costumes, paisaxe, patrimonio, tradicións, festas …). Deberase identificar claramente algún elemento que permita recoñecer o Concello de Toén na fotografía.
PREMIOS:
- 1º PREMIO: A fotografía premiada co 1º premio será a imaxe do Calendario 2025 e recibirá 150,00€
- 2º PREMIO: 100€
INSCRICIÓN:
Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Toén, ou no rexistro electrónico da Sede Electrónica do Concello de Toén http://concellodetoen.sedelectronica.es.
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que estará dispoñible na sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es) xunto coas fotografías presentadas a concurso en formato dixital, en formato JPG e unha resolución mínima de 1 MB.
PRAZO: ATA O DÍA 12/11/2024 ÁS 14.30H
Bases dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal https://concellodetoen.sedelectronica.es e na páxina web www.toen.gal
QUERES SER XURADO DO IV CONCURSO TOÉN A BOCADOS 2024?
QUERES SER XURADO CO IV CONCURSO TOÉN A BOCADOS 2024?
👉🏻 Si eres veciño ou veciña empadroada no Concello de Toén… e non eres familiar directo de ningún establecemento participante
💡 Podes participar no sorteo para ser un dos cinco membros de xurado de Toén a Bocados!
QUÉ TERÍAS QUE FACER?
- Visitar os oito establecementos e probar o pincho en cada un deles. Disporás de tickets pagados para que disfrutes do teu pincho e bebida.
- Tomar nota da sensación que che deixa cada pincho: presentación, textura, sabor, orixinalidade, etc.
- Asistir á reunión de deliberación do xurado e entreda de premios o domingo 14 de xullo na casa do concello, ás 20.00h (duración aproximada unha hora).
E sobre todo pasalo moi ben vivindo esta nova experiencia
Si queres participar envía un email co teu nome e teléfono de contacto a toenabocados@toen.es
O sorteo terá lugar o xoves día 4 de xullo ás 11.30h na casa do concello. A continuación contactarán cos elexidos por teléfono.
Anímate!
VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Outro ano máis celebramos o concurso de fotografía donde a foto gañadora será exposta no calendario do concello. Bases do concurso

Premios concursos decoración navideña e concurso fotográfico
I CONCURSO DE DECORACION NAVIDEÑA
O Concello de Toén convida a todas as persoas empadroadas no Concello de Toén, maiores de idade, a participar no I Concurso de decoración navideña de xanelas, balcóns, fachadas, peches e fincas do Concello de Toén.
Cada persoa só poderá presentar unha solicitude de participación. Poderán participar todas as xanelas, balcóns, fachadas, peches e fincas con decoración navideña no termo municipal de Toén que sexan visibles dende o espazo público.
INSCRIPCIÓN: ata o día 23/12/2020
Deberán achegar unha fotografía da decoración navideña que presenta a concurso, en papel ou en formato dixital a través do correo electrónico concello.toen@eidolocal.es, indicando “I Concurso de decoración navideña de xanelas, balcóns, fachadas, peches e fincas do Concello de Toén (Exp.419/2020)”; e identificar súa situación exacta.



