Convocatoria para a contratación de 5 peóns forestais
Convocatoria para a contratación de 5 peóns forestais
O Concello de Toén informa da apertura do proceso selectivo para a contratación de 5 peóns forestais como persoal laboral temporal.
Esta convocatoria publícase para xeral coñecemento e co obxectivo de facilitar a participación das persoas interesadas no proceso de selección.
Características dos postos
- Número de postos: 5
- Categoría: Peóns forestais
- Tipo de contrato: Laboral temporal por circunstancias da produción
- Xornada: Completa
- Duración: 5 meses
- Sistema de selección: Concurso
Bases da convocatoria
As bases completas poden consultarse:
- Nas oficinas municipais
- Na sede electrónica do Concello: concellodetoen.sedelectronica.es
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
As solicitudes poderán presentarse a través das seguintes vías:
- Rexistro electrónico do Concello de Toén: acceder á sede electrónica
- Oficina de asistencia en materia de rexistros:
Rúa Ribadela, 1 · 32930 Toén
Horario: 8:30 h – 14:30 h - Por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro
Para máis información, recoméndase consultar as bases completas da convocatoria.
CORTES E MICROCORTES DE SUBMINISTRO ELÉCTRICO
Cortes e microcortes de subministro eléctrico en Toén
O Concello de Toén informa sobre a situación dos cortes e microcortes de subministro eléctrico que están a afectar ao municipio, especialmente en zonas dependentes da liña de media tensión Castrelo 806.
Nas últimas semanas, a Alcaldía mantivo reunións cos responsables de UFD e coa Dirección Xeral de Planificación Enerxética para analizar a situación e esixir solucións.
Análise da situación
- A maioría dos cortes prolongados rexistrados en 2025 e 2026 producíronse durante episodios de temporal, sendo causados principalmente pola caída de árbores que afectan á liña eléctrica.
- Moitas destas árbores atópanse en propiedades privadas, pero poden chegar a interferir coa liña.
- Os microcortes prodúcense de forma automática cando o sistema detecta incidencias (como ramas tocando os cables), restablecéndose o subministro unha vez desaparece o risco.
- Ao tratarse dunha liña longa, aumenta a probabilidade de incidencias ao longo do trazado.
Plan de acción acordado con UFD
- Revisión exhaustiva de toda a liña para detectar e corrixir deficiencias.
- Incremento dos puntos de telecontrol para mellorar a localización das avarías e reducir o número de usuarios afectados.
Está prevista a instalación de 11 novos puntos, dos cales 6 xa están operativos. - Adiantar nun ano o plan de tala e poda ao longo da liña, coa previsión de rematar os traballos no verán deste ano.
Información sobre posibles danos
Segundo os técnicos, os microcortes non adoitan provocar avarías en electrodomésticos. Non obstante, no caso de detectar algún dano tras un corte de subministro, recoméndase realizar a reclamación canto antes á empresa subministradora.
UFD está obrigada a atender e responder todas as reclamacións presentadas polos usuarios.
Compromiso institucional
Dende o Concello agradécese a colaboración da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e de UFD, así como as inversións comprometidas para mellorar o subministro eléctrico no municipio.
Este plan permitirá reducir de forma significativa as incidencias, aínda que se lembra que, especialmente en épocas de temporais, poden seguir producíndose cortes puntuais.
Concello de Toén
Información baseada en bando municipal.

